¿Cogomelos de 6 metros? Mon die!


Hay pouco que me comentaba esta noticia aparecida en 2007 un membro da asociación. Seis metros de cogomelo? Manda carallo Joe! Xa será menos. Pois nin máis, nin menos. Na foto, tomada no deserto de Arabia saudita, podemos ver o tamano relativo de prototaxites, un fósil de arredor de 400 millóns de anos de antigüidade. Case nada. No seu tempo era o organismo máis alto; apenas había animais e as plantas existentes chegaban ó metro de altura raspado. Eran os tempos do Silúrico e Devónico, tempos de superfungos como os que imaxinara Xulio Verne en "Viaxe ó Centro da Terra".

Animádesvos a unha salida por prototaxites? Quen leva a cesta?

Aquí vos deixo un enlace a un artigo máis completo sobre o tema.

Gracias Nacho!

2 comentarios:

  1. Setas de seis metros ke maravilla!!
    Tiñan ke ser alucinantes eses tempos. POrque silurico!?


    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Porque Silúrico? Pois porque foi o período do Paleozoico donde se deron estes organismos...

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails