Consellos para a Recolleita

Hmmm, o cheiro a terra mollada despois de varios días sen unha gota de chuvia chega ata nós, mentres miramos ó monte e deixamos que os primeiros raios de sol que conseguen atravesar os nubarróns nos quenten un pouquiño o corpo. É o momento de prepararse para perderse na natureza, disfrutar da vida que estoupa en canto chegan as chuvias e que nos traen novas cores, paixases, e... cogomelos!

Neste artigo daremos unhas nocións básicas para unnha recolleita correcta e respetuosa dos cogomelos, e explicaremos algunhas cuestións relativas á mesma e de importancia na interacción do seteiro co mundo dos fungos.

O EQUIPO




- Navalla: iremos equipados con navalla, a poder ser con cepillo incorporado (que é máis cómodo que levar un aparte), o que nos permitirá limpar in situ as setas e libralas dos restos de terra ou area que podan arrastrar consigo; a limpeza con cepillo débese a que sempre habemos de procurar non lavar as setas, pois absorben rápidamente moita auga, feito non desexable á hora de cociñalas.

- Cesta de mimbre ou similar: non utilizaremos nunca bolsas de plástico para transportar as setas, a bolsa non deixa transpirar as setas que se estropean rápidamente no seu interior; utilizaremos cestas de mimbre, que a parte de deixar respirar as setas favorece a diseminación da espora dos cogomelos que transportamos, pois ó ir andando polo monte faremos a importante labor de abellas dos fungos ó caer a espora a través dos hocos da cesta mentres camiñamos.

- Botas impermeables: tede en conta que normalmente iredes ó monte en condicións de bastante humidade e, nestas condicións, fanse indispensables unhas botas, cómodas e impermeables, que nos manteñan os pés quentiños e secos. Non fai falla que vos diga o agradable que é andar polo monte cos pés enchoupados...

- Outro equipo, non impresindible pero sí interesante, pode ser un bastón, que nos axudará a levar ben subir e baixar por empinadas ladeiras, ou para remexer entre herbas ou matorrais sen necesidade de agocharnos a botar a man. A cámara de fotos pode ser tamén unha importante ferramenta, lúdica pero sobre todo de identificación, ó permitirnos captar imaxes de setas que nos presenten dúbidas acerca da súa clasificación e nos permite poder comentalas posteriormente con alguén que nos poida axudar. Unha lupa pode ser útil para observar características do cogomelo complicadas de distinguir a simple vista e que nos poden axudar a identificalo (coma os bordes das lamelas, por exemplo). Por último, un impermeable ou paraugas a man pode librarnos a veces dunha boa carreira/cajadura de parte dun destes chaparróns imprevistos cos que nos atopamos, o que nos atopan, millor, de vez en cando.

A RECOLLEITA


Din os que levan moitos anos nesto que o bo afeccionado ós cogomelos é coma un ninja no monte, non deixa marcas nen pistas. A súa pegada no entorno ha de ser mínima e inócua. Recolectade só as setas que coñecedes e deixade o resto, salvo interese na súa identificación; neste caso arrancaredes con coidado (ou fotografiaredes) como veremos máis adiante. Non danedes nada que non vaiades a consumir ou levar á casa. Veamos uns cantos consellos neste sentido...

Cortaremos o cogomelo pola base do pé, rexeitando sempre os exemplares máis novos (que ainda non cumlpliron a súa función reproductiva) e os máis vellos, enchoupados e enrrugados (polo noso propio ben, os cogomelos neste estado poden conter, bacterias, virus, parásitos ou sutancias químicas e tóxicas como fenol ou amoníaco, e poden facernos pasar un bo rato amarrados a taza do w.c., vos mesmos). Limpamos a seta co cepillo de terra e outros restos para evitar manchar as demáis e depositámola na cesta cas lamelas cara abaixo, para facilitar a caída de esporas.

Sempre que recollamos setas nunha zona, deixaremos uns cantos exemplares para que cumplan a súa función, non fai falla que vos diga o que pasa se arramplades con todo ó galician style ano tras ano no mesmo lugar. Despois choramos.

Rexeitar tamén consumir cogomelos recolectados na beira de estradas transitadas, cerca de vertedeiros ou similares, pois os cogomelos son capaces de asimilar e almacenar metáis pesados moi tóxicos para o home, coma plomo ou cadmio.

Nunca usaremos rastrillo na recolleita de cogomelos. ¿Porqué? O rastrillo úsase para colleitar fácilmente algún tipo de cogomelo que medra ben oculto entre as follas, principalmente Cantharellus Cibarius. O que ocorre é, aparte de que obviamente o rastrillo non distingue entre especies ou cogomelos novos ou non, que ó rabuñar na terra danamos o micelio (o corpo do fungo propiamente dito) e os primordios, os puntos do micelio, en forma de nós, que formarán co tempo novos cogomelos. O dano ó micelio é inmediato, podendo quedar ademáis exposto ó aire libre, algo que non lle vai sentar nada ben (non vive por nada baixo terra, é moi sensible ós cambios de temperatura e humidade). Acabará secando e morrendo e a producción de cogomelos se resintirá xa a curto prazo.

POLÉMICA: CORTAR VS ARRANCAR

Nos últimos anos a polémica acerca de se debemos arrancar os cogomelos ou cortalos está de moda. Os defensores de arrancar os cogomelos (sempre con moito coidado, para danar o micelio o mínimo) alegan que ó cortar a seta as bacterias causantes da putrefacción do resto do cogomelo que queda, a base da seta, poden causar tamén a infección e destrucción do micelio. Ben, ante esta afirmación podemos sinxelamente dicir que a natureza leva facendo eso mesmo durante miles de anos sen nengún problema; isto é, tódalas setas pudren in situ. Ademáis, o que é innegable é que ó arrancar o cogomelo, danamos en maior ou menor medida o micelio do fungo. Por si fora pouco, o burato deixado polo cogomelo altera as condicións de temperatura-humidade do micelio, que ademáis deixa en parte ó aire. É por iso que se debe sempre tapar o burato deixado polo cogomelo, con fin de minimizar os efectos da nosa acción na medida do posible.

Tamén é certo que a colleita de algunhas especies se presta a arrancar mellor que coller, como poden ser os Cantharellus Lutescens ou Tubaeformis, polo seu tamano, ou Marasmius Oreades, pola fibrosidade do seu pé. Nestes casos, se non hay máis remedio, arrancaremos, tomando precaución para non danar o micelio e tapando buratos (aínda que as texoiras son maná nestes casos, raramente iremos provistos delas).

Obviamente, sempre que levemos unha seta para identificar, debemos arrancar a seta enteira para un exame completo, procurando que non se rompa, xa que a forma do pe, a presencia u non de volva entre outros son ás veces indispensables para correcta e inequívoca identificación do exemplar.



Na foto anterior podedes ver claramente as consecuencias de arrancar un cogomelo. O cogomelo foi arrancado e fotografado para o seu estudio (aínda non a identificamos, así que se a recoñecedes non dubidedes en poñervos en contacto con nós!) pero a desfeita no micelio é patente. O micelio do fungo son esos finos fíos brancos (hifas) que se agrupan tomando un aspecto como de mofo, de textura algodonosa, entre a terra do pe do cogomelo, ben apreciable na foto. A pesar do coidado prestado ó arrancar a seta é inevitable arrancar con ela parte do micelio, e con él, os futuros cogomelos.

Conclusión: evitaremos sempre arrancar os cogomelos e, sempre que o fagamos, volveremos a tapar rápidamente o burato deixado.


No obstante, e para clarexar máis se cabe a cuestión, prometemos un estudo do tema máis a fondo con argumentos dos dous bandos nun artigo que publicaremos na páxina.

Boa colleita!

5 comentarios:

  1. simplemente felicitaros,teño un primo que se dedica a eso, e hay anos 10? por pouco morre el e a muller estuveron na uci en santiago ahora creo deixaron, repito os felicito saludos ,.- manueldominguez.es

    ResponderEliminar
  2. Gracias Manuel, espero que o susto quedara en nada, pero por curiosidade, poderías dicirme qué cogomelo foi o que consumiron?? Á hora de prever estas cousas está ben saber que cogomelos tenden a confundir máis á xente.

    Graciñas de novo e un saudo!

    ResponderEliminar
  3. pa min que era un champiñon..... ca laor xa se sabe..... ;-)

    ResponderEliminar
  4. Recomendarme un libro para iniciarme

    ResponderEliminar
  5. Hola luid, precisamente temos un artigo sobre ese tema; recorta e pega no navegador a seguinte dirección:

    http://refungando.blogspot.com/2009/06/xente-as-leiras-nova-edicion-de.html

    ResponderEliminar
Related Posts with Thumbnails