Cancro dos nosos montes: A Recollida Abusiva de Cogomelos

Dende a páxina Web da Asociación Micolóxica a Zarrota, queremos achegarvos un artigo de Alfonso Rey Pazos que retrata á perfección o presente, e á vez negro futuro, dos cogomelos na nosa comunidade (en concreto neste artigo, aínda que extensible ó resto da península). Abordando un tema tan controvertido e debatido entre todos os afecionados coma a recolección abusiva e a sobreexplotación o autor toca todolos fíos deste inevitable (no mundo do ser humano, todo aquilo que posue valor económico levaa cruda) problema nos nosos montes, sempre mistura da tan humana avaricia e unha gran ignorancia (explosiva combinación esta como todos sabemos). A anécdota con que finaliza este artigo do recolector-comprador de cogomelos é todo un exemplo que fala por si sólo, e ata faría gracia se non fora unha auténtica tristura as consecuencias das correrías de ignorantes coma ese, que pagamos ó final todos, os que estamos e os que virán detrás de nos.

Unha lectura imprescindible para facernos reflexioar sobre a maneira en que nós mesmos recolectamos cogomelos e nas consecuencias destas accións, evidentes xa en moitos lugares agora mesmo. Déixovos un fragmento e debaixo o enlace o artigo:

En el constante corretear por los bosques, montes y prados de nuestra hermosa región gallega, en infinidad de ocasiones hemos contrastado y observado las setas comidas por caracoles, limacos, gusanos, caballo, ovejas, así como aves y ardillas, sobre todo por éstas últimas y por pájaros, desmenuzándolas en las duras invernadas para alimentarse de los gusanos y parásitos que en ellas albergan, que aprovechan como nutrientes en las duras condiciones climáticas de la estación invernal. Sin dolernos prendas de ninguna especie, tenemos que argumentar que estos animales y aves no son los mayores destructores de los hongos. Personalmente creo que el mayor y más sistemático depredador del mundo fúngico, corresponde sin lugar a titubeos al: "¿Homo sapiens sapiens"?

Enlace ó artigo: Las Setas y las Aves de Rapiña

4 comentarios:

  1. máis de un que coñezo deberia leer ese artigo...

    ResponderEliminar
  2. Outro problema son as recolecións por parte de diferentes grupos ou asociacións,nos que van 3 ou 4 persoas que saben e o resto non,polo que arramblan con todo o que encontran e logo fan a selección descartando os que nos sirven,pero o mal xa está feito.

    Debería ir unha persoa que sepa con un grupo de 5 ou 6 persoas profanas,así iríanse seleccionando as setas a pé de campo si arrancalas nin cortalas.

    ResponderEliminar
  3. Queria dicir,descartando os que non nos sirven,jeje.

    ResponderEliminar
  4. Si, a verdade é que eu tampouco son moi partidario deste tipo de saídas, polo que ti comentas, sen varias persoas "monitorizando" a saída ésta convértese nunha praga de langostas.
    Sen embargo, neste caso, arranca-la seta por cuestións didácticas faise imprescindible (para ver os distintos tipos de pés, volvas, etc.) En fin, chega o Outono, a ver como facemos!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails