Cordyceps: Asasino de Ciencia Ficción

Ides a ver un video realmente sorprendente. O vídeo en cuestión é un fragmento da serie de documentais da BBC "Planeta Terra", en concreto do capítulo adicado ás xunglas. Desta vez, en lugar de soltarvos o rollo macabeo de costume, deixaremos que o Félix Rodríguez de la Fuente inglés, Mr. David Attenborough, nos guíe, e presente él mesmo este curioso xénero de fungos. Debaixo do video tedes os "subtítulos" do vídeo.

Disfrutádeo e comentade que vos parece!



"Incriblemente, o 80% dos insectos viven nas xunglas. Poucos en tan gran número como as formigas. Pode haber 8 millóns delas nunha simple hectárea. Pero non a todas as formigas lles vai tan ben.
Estas "tucandeiras" (Paraponera Clavata Fabricius) presentan preocupantes síntomas. As esporas dun fungo parásito chamado Cordyceps penetraron nos seus corpos e mentes.
O seu infectado cerebro dirixe a esta formiga cara arriba e, logo, visiblemente desorientada, permanece agarrada coas súas mandíbulas a un talo.
Aqueles afectados descubertos polas "obreiras" son rápidamente alonxados e expulsados lonxe da colonia.
Parece extremo, pero esta é a razón: como extraido da ciencia ficción, o corpo fructífero do cordyceps irrumpe da cabeza da formiga.
Pode levarlle tres semanas crecer, e cando remata as mortais esporas sairán despedidas dende o extremo, entón, tódalas formigas nas proximidades están en serio risco de morte.
O fungo é tan virulento que pode acabar con toda unha colonia de formigas.
E non son sólo formigas as que caen víctimas deste asasino. Hai literalmente miles de tipos de fungos Cordyceps e, de feito, cada un deles se especializa nunha especie en concreto.
Pero estos ataques teñen un efecto positivo na diversidade da xungla, xa que parásitos coma este, impiden que un grupo de animales adquira preponderancia. Canto máis numerosa é unha especie, máis probabilidades ten de ser atacada por esta némesis, o fungo Cordyceps."

2 comentarios:

  1. Esteban:

    Increible o de estos fungos! era totalmente descoñecido para min! mañan pasarei polo vilar en busca dalguna sorpresa!

    ResponderEliminar
  2. Hola Esteban. Poderás atopar exemplares de Cordyceps militaris no Vilar preto do Centro de Interpretación.

    Tes un artigo por se non o lestes aquí en Refungando sobre él:

    http://refungando.blogspot.com/2010/03/cordyceps-militaris-o-terror-das.html

    Un saúdo e sorte!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails