Arume dos piñeiros: Clathrus Ruber

Hola amigos! ¿Disfrutando deste dilatado outono? Nós vaia que sí. De feito e como nos seguimos topando con este cogomelo tan curioso, fácil de distinguir, e que chama tanto a atención de afecionados e curiosos, imos a adicarlle a Clathrus Ruber un artigo en Refungando.

¿E lo de quen ven sendo?

Clathrus Ruber é un saprófito que pertence á familia Phallaceae, ou sexa, está emparentado con cogomelos do tipo de Phallus Impudicus ou con outro Clathrus, Archeri, que tamén habemos ver por aquí. Estes cogomelos teñen todos cousas en común, como que no seu primeiro estadio de desenrolo se presentan en forma de ovo (aquí podería haber certamente confusións), ou que despiden un cheiro nauseabundo, como moitos curiosos puideron comprobar na exposición de Refungando no Ateneo-Valle Inclán. Claro está, nada cheira a rata morta porque sí. E é que estes cogomelos desprecian a gravidade como método de dispersión de esporas e optan no seu lugar por atraer co seu doce arume moscas e oitros insectos que lles fan o traballo de espallar polo monte a súa descendencia.

No caso de este cogomelo, a imaxe fala por sí sola, pero imos achegarnos un pouco máis coma sempre e botar un ollo á descripción deste becho raro, que tamén pode ser curiosa, pois non temos nin pé, nin sombreiro, nin lamelas (pásanos coma con Pisolithus Arhizus). Pincha en Leer Máis pra aprender algunha cousiña de Clathrus Ruber...


DESCRIPCIÓN

Corpo Frutífero: 4-8 cm de diámetro. Globoso, semihipoxeo e cuns cordóns miceliares na base a modo de raíces blancas. Exoperidio branco (a piel de fora), cunha armazón ben marcada de surcos pentagonais que lembran un balón de fútbol (nos sempre lle chamamos o cerebriño de nenos, que tamén se parece). Peridio mucilaxinoso (podédelo ver na seguinte imaxe, na que comezou a romper o exoperidio e deixa ver esa capa de aspecto moquento que é o peridio), de 3-4 mm de espesor que rodea a gleba. Ó madurar ábrese polo ápice e emerxe unha masa vermello-alaranxada-rosácea (varía, xa sabedes, cogomelos...) con forma de rede ou gaiola esférica, permanecendo os restos do exoperidio na base (ver foto que abre o artigo) a modo de volva abrancazada e que soe acabar desaparecendo antes que a "gaiola".

Gleba: Atópase no interior da rede de consistencia xelatinosa e cor verdosa (se aprecia moi ben na primeira imaxe, na cara interior das celdas da gaiola). Emana un olor repugnante e nauseabundo para atraer as moscas, encargadas de esparexer as esporas.

Hábitat:
Frutifica en piñais areosos e terreos calcáreos (preto da costa). En grupos de varios individuos. Primavera e finais de outono. Frecuente de atopar.

Observacións: En estado maduro o noso cheirumento amigo é inconfundible. Tan só no estadio de ovo poderiamos confundilo co irmá de xénero, Clathrus Archeri, ou con algún membro do xénero Phallus. ¿É comestible? Bueno, en primeiro lugar decirvos que podedes atopar algún libro que o recomende como comestible de novo. E, bueno, comestible é (o exemplar adulto xa a ninguén lle pasa pola cabeza botar á pota só polo cheiro). Comestibles son moitas cousas; todo o que non che mata. Pero de ahí a pensar que este é un cogomelo interesante de atopar para meter na cesta e meter na cociña vai unha muralla china. Así que relax. Este é un cogomelo para desfrutar das súas atípicas formas, ben fermoso se atopamos un exemplar en plenitude e óptimo para escarallarnos ca cara que pon a xente cando lle pega un bo repaso olfativo.

Bueno, rapaces, esperamos que sacárades algún proveito coma sempre, e que esteades a desfrutar do monte coma nunca. Xa sabedes que calquer día nos vemos... polo monte Refungando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails