Redescuberto fungo bioluminiscente en Brasil

Fotografías: Cassius V. Stevani

Antes de nada, desculparme pola tardanza na publicación de novos post, provocada por unha voluntaria inmersión na Festa da Dorna, e uns involuntarios problemas técnicos no meu equipo. Agora, con todo resolto, ou case, toca poñerse ó día...

Se levades algún tempos seguindo os desbarres micolóxicos desta páxina saberedes que os cogomelos da imaxe que abre este artigo non foron recollidos nos arredores da central de Fukushima. Se trata de cogomelos con unha abraiante propiedade física: a bioluminiscencia. E non son os primeiros que vemos por aquí. Pero desta vez, a historia comeza como moitras oitras historias. Nada orixinal; algo así: Hai moito tempo, nun país moi, moi lonxano...

(Click abaixo para ler máis)


A historia

170
anos tiveron que pasar, nin máis ni menos, para que este fungo volvera a caer nas mans dos científicos. ¿Perdido? Non exactamente. A lo menos non para a xente da zona de Piauí, estado do nordeste do Brasil onde é ben coñecido polos locáis, que o chaman "Flor de coco" pola súa tendencia a medrar baixo palmeiras.

Foi a comunidade científica quen lle perdeu a pista a este luminoso fungo dende que en 1840, o botánico británico George Gardner vira uns nenos xogando co que él creía que eran xigantes vagalumes nas rúas dun pobo que logo se convertiría na cidade da Natividade, no centro-oeste do Brasil. Aquel cogomelo, sería bautizado polo humilde botánico como Agaricus gardneri (á esquerda, ca luz acesa; fixádevos que a perspectiva das dúas imaxes, a de portada e esta, é a mesma).

Agora, un grupo de científicos estadounidenses (entre os que anda metido un micólogo que últimamente vemos moito por esta páxina, Dennis Desjardin) en colaboración ca Universidade de São Paulo, da que forma parte o químico Cassius Vinicius Stevani (non, non é un centurión romano, senón profesor de química e estudoso dos mecanismos bioluminiscentes dos fungos), volveulle botar o guante ó escurridizo cogomelo. A cousa foi máis ou menos así, como nos conta o propio Cassius:
"Entereime de que todavía había destes fungos ó redor de 2001. Nos anos seguintes, chegáronme informes de Tocantins e Goiás dun fungo grande e amarelo, que emitía unha luz. Pero só puden velos en 2005, en fotos tomadas en Piauí".
Por suposto, logo de todo este tempo, os avances no eido da micoloxía habían de pasarlle factura ó nome orixinal deste fungo, que no seu redescobremento rebautizouse logo do correspondente estudo como Neonothopanus gardneri. Este estrano xénero da familia marasmiaceae, do que só había ata a data unha especie (Neonothopanus nambi, especie sudamericana descrita en 1999 e tamén luminiscente), conta dende agora con un novo membro luminiscente.

Mecanismo e función biolóxica da bioluminiscencia en fungos

Segundo o propio Stevani, o mecanismo preciso mediante o cal os cogomelos producen luz é todavía un misterio, así como a súa función biolóxica. Algúns creen que esa función é similar á do cheiro de phallus e clathrus, neste caso atraer a insectos nocturnos que axuden na dispersión das esporas; oitra hipótese é que a súa función é atraer insectos depredadores para que se alimenten de aqueles que puideran atacar ó cogomelo. Todo isto está moi ben, e ámbalas dúas opcións parecen sosterse... ata que vemos a imaxe de abaixo (click para agrandar). A pregunta que nos ven á cabeza é: ¿en dónde encaixa a luminosidade do micelio nas dúas hipóteses antes prantexadas?

O que vedes aquí é, nin máis nin menos que unha placa petri cun cultivo do micelio de Neonothopanus gardneri. E sí, brila que da gusto e non, non é a única especie de cogomelo bioluminiscente que presenta esta característica. Así que, ¿por qué desperdiciar enerxía na emisión nunha luz que non vai ser perceptible se o obxetivo é atraer insectos? Curioso canto menos.


No futuro

Ata o de agora e dende 2002 o equipo do profesor Stevani foi quen de describir 15 novas especies bioluminiscentes, e un novo xénero, Genorrema. A día de hoxe existen no mundo 72 especies de fungos deste tipo. A investigación continúa, e a xulgar polo ritmo dos descobrementos, podemos esperar volver a ver a Stevani e ó seu equipo como protagonistas de oitras novas deste tipo maís cedo que tarde.

Dende Refungando seguiremos as investigacións neste campo con atención, para achegarvos tódolos segredos dos fungos bioluminiscentes. Non deixen de sintonizar os seus navegadores. Ata entón, considerade a posibilidade de sair un día ós cogomelos de noite pechada e buscar na oscuridade dos nosos montes algún cogomelo con esta habilidade. Aínda que si o facedes... ollo ca Santa Compaña!

4 comentarios:

  1. Gustame moitisimo esta caracteristica tan peculiar, pareceme unha rareza moi fermosa.
    Teño unha dubida, se estos fungos non son parasitos dos insectos, para que os atraen?? penso que os comen!!! saudos!!!

    ResponderEliminar
  2. "Segundo o propio Stevani, o mecanismo preciso mediante o cal os cogomelos producen luz é todavía un misterio, así como a súa función biolóxica."

    Andaba eu barruntando e ocorréuseme que ó mellor non ten por qué haber unha función biolóxica determinada, senón sinxelamente que se trate dunha mutación xenética, nin afortunada nin desafortunada, so intranscendente, polo menos polo de agora. O feito de que danse en zoas con pouco aporte do vento para o transporte das esporas, parece avalar a explicación de que sexan os insectos o que o fagan.

    Aínda que barruntando máis, ó volverse máis visibles na oscuridade, poden ter a mala sorte de ser mellor presa para potenciais depredadores. Aínda que poderían ser tóxicas, polo que tanto daría...non creo, a non ser que non houbese moitos máis comestibles na zoa, (danse só uns mesiños, nos que fan excursións pola zoa para ver o espectáculo nocturno) que algún depredador desarroiase algún tipo de inmunidade.

    Por outra banda, que o micelio tamén sexa bioluminiscente, dinos que é unha característica xeral, probablemente debida a que a encima responsable, cataliza un proceso bioquímico que se dá en todo o fungo. Por exemplo, a encima "luciferases" dase nos vaga-lumes e na seta Omphalotus olearius, só que esta toma unha cor azulada.

    ResponderEliminar
  3. ¿Xerocomus vadius? ¿Cambiastes de especie? Ja, ja, ja.

    Home, dificilmente pode ser unha mutación fotuita cando o caracter está xa establecido non so nunha especie, senon en varios xéneros.

    Está claro que se o fungo gasta enerxía na emisión de luz é porque lle supón algún beneficio. O que a min me desconcerta é que esa emisión se dea tamén no micelio.

    Por oitro lado o que iso nos indica é que a luminosidade se asocia ás hifas do fungo (lembremos que un cogomelo está formado pola aglomeración de hifas) e, polo tanto, pode ser simplemene un efecto colateral da luminiscencia do cogomelo. Ou sexa, nun sentido biolóxico,pode que para estes fungos sexa economicamente máis rendible emitir luz en tódalas súas hifas que especializar tan só as que forman o cogomelo nesta función.

    De todas formas teño pensado facerlle unha entrevista ó profesor Stevani e xa veremos que ten que contarnos.

    Atentos ás súas pantallas!

    ResponderEliminar
  4. Si...non apareceu o nick cando quixen publicar o comentario e escribino mal. Dís tamén:

    "Home, dificilmente pode ser unha mutación fotuita cando o caracter está xa establecido non so nunha especie, senon en varios xéneros. "

    ¿E logo?. A evolución dase en poboacións, se non no é evolución, pero eso non significa que o cambio non se deba, como en case todos, (mutación por sustitución de bases, transicionais, transversionais, de corrimento, por perda ou deleción de nucleótidos, por inserción de novos nucleótidos, Splicing), por un erro, mala copia, etc...

    "Está claro que se o fungo gasta enerxía na emisión de luz é porque lle supón algún beneficio. O que a min me desconcerta é que esa emisión se dea tamén no micelio. "

    Que na natureza se cumpran as leis da física e da química, que exista unha causalidade para as cousas, non significa que sexa sabia. O apéndice está ahí fodendo, pois non sirve para nada máis que para morrer pola súa culpa. O fungo emite luz, e eso afecta ó seu entorno, e poida que haxa especies que se beneficien, pero non necesariamente ten que responder á satisfacción dunha necesidade do fungo. De feito, penso que a luz emitida e a forma que adopta o sobrante nas reaccións bioquímicas que se dan no fungo co obxeto de sintetizar algunha sustancia necesaria para o mesmo. A radiación emitida e a basura resultante do proceso, que para este caso adopta un espectro visible, e en outros non, pero o proceso non e perfecto e a luz e un reflexo da enerxía desperdiciada. Con esto quero decir que o proceso polo cal o fungo emite luz, pode que non estea destinado a tal fin, como sucede cas mareas vermellas, nas que a síntesis de sustancias por parte do placton para a súa reprodución ten coma consecuencia a emisión de luz vermella, sen servir esta para nada no proceso. E unha consecuencia, non un fin. Para saber esto sería interesante observar se o micelio esta ou non "aceso" cando o fungo "non está en flor." De embargantes, esto non significaría tampouco que a luz que emite fose un fin en si mesma.

    Estarei atento á entrevista.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails