Unha de coliflor! Sparassis Crispa

Sinónimo: Clavaria Crispa
Castelán: seta coliflor, clavaria rizada, coliflor de monte

Xa chegou o outono. Desta vez sí, non só de nome. Dan ganas de apludir cas orellas de alegría! E vimos diluviar como facía tempo que non caía por estos lares. En poucos días, se todo vai ben (sen cambios novamente bruscos das temperaturas ou tolerías metereolóxicas polo estilo) veremos os nosos montes vestirse de cogomelos, de mil formas e cores distintas; un regalo para os sentidos e, por qué non, a nosa cesta.

Desta vez, e como mostra do que vos contamos, imos coñecer neste artigo un cogomelo de unha forma moi curiosa e atípica (como de esponxa ou coral, como xa vístedes) que o fai moi fermoso e distinto á maioría dos cogomelos (siii, tamén é comestible). Esta pequena "esponxa de monte" medra de maneira fiel no pé de tocóns de piñeiro por onde aparece cada ano e soe ser difícil de deixar pasar desapercibida.

Pertence a un grupo de fungos, os Aphylophorales (formada por fungos, basidiomicetos, con cogomelos case sempre sen lamelas, como os Cantheralles, Polyporales ou neste caso a orde dos Clavariales) que teñen normalmente formas moi curiosas e apartadas do típico cogomelo con pe, sombreiro e lamelas ben diferenciados. Así que por curioso, fácil de recoñecer e fácil de ver, imos a presentarvossen máis dilación ó cogomelo coliflor: Sparassis Crispa! Pulsa abaixo para seguer coñocendo este cogomelo...



DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero (obviamente non cabe falar de sombreiro neste caso): De 15-40 cm de ancho por 15-25 cm de altura. Redondeado ou globoso, formado por un tronco central do que saen numerosas ramificacións carnosas, planas, rizadas e enlazadas entre sí, dándolle un aspecto de esponxa ou coliflor. Cor crema de novo, coas beiras das ramificacións de cor ocre, e ó envellecer vólvese de cor apardazada (podedes ver perfectamente o aspecto das ramificacións e bordes facendo click na imaxe do lado).

Himenio: Liso, tapiza a cara externa de tódalas terminacións.

Pé: Moi curto, compacto, enterrado e lixeiramente radicante.

Carne: Quebradiza de nova, elástica e tenaz nos exemplares adultos. Cor abrancazada ou crema. Olor agradabe e aromático e sabor doce.

Hábitat: Crece ó pe de tocos de coníferas, fundamentalmente piñeiros. Exemplares illados normalmente e moi fieis ao sitio durante anos. Aparece no verán e outono.

Observacións: Sparassis Crispa e comestible de novo, non cando empeza a oscurecerse coma o exemplar do lado, xa que se comeza a volver duro e indixesto. Así mesmo recoméndase unha boa limpeza (a súa forma fai que sea un agocho ideal para ducias de insectos e para que queden restos de terra ou area) e unha pequena cocción desbotando logo a auga da mesma.
Poderíase confundir con Sparassis Laminosa, pero esta ten as terminacións máis anchas e zonadas (presentan distintas tonalidades) e medran ademáis en tocóns de caducifolios. Se a isto lle sumamos que esta especie é moito máis rara e igualmente comestible, non debería haber peligro. Habería un risco remoto de confundir con algún cogomelo do xénero Ramaria (con algún membro de efecto purgante...), pero as especies de este xénero presentas as terminacións en forma de pequenas ramas arborescentes, non láminas e tampouco son moi frecuentes aquí na Novena.

E hasta aquí o cogomelo de hoxe. Agora que xa vos coñecedes, a ver si vos atopades polo monte!

3 comentarios:

  1. Desas había moitas en Frións a altura de San Roque,ahora pelaron todo :(

    ResponderEliminar
  2. Certo é! Aínda se pode ver algunha pola parte do Periurbano. De San Roque para arriba da pena ver todo eso. Menos mal que na zona do monte da Cidade repoboaron con piñeiros (aínda que os Eucaliptos lles comen terreo polo medio a pasos axigantados). Maldita árbore invasora que se leva todo e non deixa nada.

    En fin, o caso é que agora mesmo este cogomelo está a saír en moitas partes e é relativamente fácil atopalo, así que... a disfrutalo!

    ResponderEliminar
  3. Facil de atopar,e facil de recoñecer,que ninguen o confunda coa ramaria,que.nalgúns casos poden ser tóxica
    http://www.google.es/imgres?imgurl=http://www.mushroomhobby.com/Gallery/Ramaria/Ramaria%2520flava.jpg&imgrefurl=http://www.mushroomhobby.com/Gallery/Ramaria/index.htm&h=539&w=853&sz=133&tbnid=0Y2oRgWreSgESM:&tbnh=92&tbnw=145&prev=/images%3Fq%3Dramaria&hl=es&usg=__4a5fICEFSKtEygyS17MEbX5flJo=&ei=B_rQSvHtFcay4QaGqO2CAw&sa=X&oi=image_result&resnum=2&ct=image&ved=0CAkQ9QEwAQ

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails