Poñámonos antes de nada en situación. Os Basidiomicetos engloban a aqueles fungos que producen as súas esporas (chamadas basidiosporas) nunha célula especializada chamada basidio e engloba á maioría de fungos que producen cogomelos con sombreiro. Os basidios, producen típicamente catro basidiosporas, dúas de cada signo (ou "sexo") e están situados no himenio do cogomelo, a parte fértil, xeralmente lamelas ou tubos. Vamos a facer un repaso ó ciclo de vida dun cogomelo e tentar comprender cómo se reproduce. A continuación tedes unha animación en flash que ilustra o proceso típico e que pasamos a explicar despois...
Diagramación y animación: Dra. Ana Maria Gonzalez y Dr. Orlando Popoff, Instituto de Botánica del Nordeste, Corrientes, Argentina
Nun primeiro momento temos o basidio (neste caso na superficie das lamelas desta Amanita Muscaria) con dous núcleos haploides (isto é, ca metade de cromosomas). Estes núcleos fusiónanse (nun proceso chamado cariogamia) nun núcleo diploide que, a continuación, se divide en dous por meiose unha primeira vez, e logo unha segunda, dando lugar a catro núcleos haploides, dous de cada signo ("sexo" non é moi aplicable tratandose de fungos).
Fórmanse entón os esterigmas, unhas excrecencias hacia as que "migran" estes núcleos; son os "soportes" das esporas ou basidioesporas.
Unha vez no ápice dos esterigmas estes núcleos son envoltos polo citoplasma e maduran, dando lugar ás esporas, dous de cada signo. Polo lugar de formación, no exterior do basidio, denomínanse a estas esporas exóxenas. Unha vez maduras, as esporas caen a terra por efecto da gravidade.
Unha vez no chan, se se dan as condicións idónes, a espora xerminará e formará unha célula dun só núcleo (monocariótica) que comezará a multiplicarse e dar lugar ás hifas (monocarióticas e dun mesmo signo ou carácter sexual) que conformarán o micelio primario. Cando dous micelios primarios de signos opostos se atopan, nas condicións axeitadas, poden fusionarse (isto é a plasmogamia, a fusión dos citoplasmas das células das hifas) dando lugar ó micelio secundario, con dous núcleos haploides. O crecemento e entrelazamento destas hifas do micelio secundario dará lugar a uns abultamentos ou nós, os primordios, que darán lugar co tempo a un novo cogomelo. E volta a empezar...
Bueno, esperamos que a explicación non fora moi espesa e que vos axudara a comprender un pouco máis o sorprendente mundo dos fungos. Vémonos no monte. Un saúdo a todos!
O Ciclo Vital dos Basidiomicetos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario