Sinónimo: Boletus Aestivalis
Galego: Madeirudo de Verán
Castelán: Boleto reticulado de verano
O xénero Boletus engloba algúns dos cogomelos máis buscados, apreciados e recolectados por os afecionados e se caracteriza por ter, os cogomelos deste xénero, o himenio formado por tubos, en lugar das acostumadas lamelas, que recobren a parte inferior do sombreiro. Ó igual que as lamelas, os tubos son bos caracteres á hora de diferenciar entre as distintas especies (pola forma dos poros, cor, tamano...) pero presentan unha maior variabilidade nas súas carácterísticas ó longo da vida do cogomelo; para que nos entendamos, os tubos soen cambiar moito de cor e tamano ca idade, polo que deberemos ter este particular en conta á hora da identificación.
¿Que teñen os boletos que son tan apreciados?
Situémonos antes de nada. Existen catro especies que xogan en primeira división, por así decilo: Boletus Edulis, Boletus Aestivalis, Boletus Pinophilus e Boletus Aereus. Existen oitros mebros do xénero tamén comestibles e que iremos vendo co tempo pero que non alcanzan o valor culinario destes catro. Cando falemos das escelencias dos Boletus refirirémonos a estes catro se non facemos explícita recferencia a oitras especies.Hai varios factores que os sitúan á cabeza en canto ás preferencia dos micófagos: un sabor e aroma doce, suave, moi característico, moi agradable e unha carne abundante, moi abundante, e dunha textura amorosa ó padal. Ademáis alcanzan tamanos (e pesos) considerables para un cogomelo o que fai moi "rentable" a súa recolección. A súa calidade culinaria é tamén a súa condena; a sobreexplotación en rexións con moita máis tradición micolóxica que a nosa fan que escasee pola súa comercialización abusiva, de maneira que a presencia de empresas de fóra de Galicia que mercan aquí os boletos (e outras especies) aumenta cada ano extendéndose a presión recolectora. A lei da oferta e a demanda. Hai que destacar que os Boletus son fungos que forman micorrizas (a relación de simbiose cas raíces dalgunha planta), polo que non se pode cultivar de maneira industrial, o que fai que sufra moito máis debido á recolección. Eche o que hai. Poderoso caballero es Don Dinero...
Aínda que xa vimos algún boleto (Pinophilus, no artigo sobre macoscopía) imos abrir lume con oitro boleto da familia, Boletus Reticulatus, por estar agora mesmo inmersos na tempada deste cogomelo e porque, para os que xa coñecen algúns Boletus, non está de maís coñecer ben unha especie frecuentemente confundida co clásico de clásicos da familia, Boletus Edulis, aínda que a confusión non entrana riscos, relaxade o esfínter; ámbolos dous son excelentes e desexados cogomelos. Veña, imos botar unha ollada a descripción de Cogomelos de Galicia e comentala un pouco...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 8-20 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e por último plano convexo. Marrón claro, ocre claro, ocre escuro, palloso en xeral e sempre uniforme. Superficie seca pero lubrificada coa humidade e agretada en placas cando o tempo é moi seco. Cutícula separable, lisa e finalmente aveludada (aterciopelada). Marxe incurvada, delgada, lisa e excedente.
Tubos: Libres, longos e facilmente separables. Brancos ó principio e máis tarde verde amarelados. Os poros son pequenos, redondeados, moi apertados e da mesma cor dos tubos (na foto da esquerda podedes ver un exemplar xa "adulto" e o aspecto que presentan os tubos cara o final do seu ciclo de vida).
Pé: 8-20 x 3-8 cm. Robusto e ventruso, máis tarde cilíndrico e claviforme, pero sempre cheo e firme. Cor similar á do sombreiro pero máis clara. Retículo (característica remarcable do pé dalgunhas especies de boletus, que consiste nunha especie de redeciña que recorre a superficie do pé; ver foto da dereita) característico de mallas brancas e finalmente da mesma cor do pé.
Carne: moi abundante, esponxosa, débil e branca inmutable. Olor suave e agradable e sabor doce. Axiña se averma (e axiña quere dicir axiña, coma todolos boletos; o difícil é atopar un intacto), incluso os exemplares novos.
Hábitat: Medra en bosques de frondosas. Primavera e outono. Illado ou en grupos. Moi común en Galicia (por aquí, na Novena, é moi raro encontrarse con algún como deduciredes do feito de que este fungo micorrize con frondosas, pero habelos hailos).
Observacións: Diferénciase das oitras especies do grupo pola súa cutícula seca e aveludada, carne esponxosa, pé concolor e hábita sempre en frondosas. A confusión máis común é con Boletus Edulis (foto á esquerda), pero éste ten sempre a cutícula viscosa ou húmida, o sombreiro é moito máis escuro e a súa marxe presenta xeralmente unha decoloración respecto ó resto do sombreiro, ademáis a carne baixo a cutícula presenta tons rosados. Como xa comentamos, a confusión con Edulis non entrana riscos.
Oitra confusión menos probable sería con Tylopilus Felleus (á esquerda); este cogomelo ten os poros brancos cando é novo e rosados máis en diante polo que a confusión se daría con un exemplar xoven. Neste caso, o retículo, moito máis marcado e oscuro, case negro, será o que faga saltar as alarmas. A carne de Tylopilus Felleus é extremadamente amarga pero non tóxica así que, se vos confundides, darédesvos conta ó primeiro bocado!
Agradecido por ponher o teu saber a disposiçom na rede.
ResponderEliminarGraciñas. Agradecidos eu, que nun tempo quixen saber e non sabía cómo nin dónde, pola palmada no lombo.
ResponderEliminarA páxina está chula, mais é dificilísimo le-la.
ResponderEliminarUn saúdo.
Graciñas, pero por que te parece difícil de ler? Cóntanolo e así miramos de millorala!
ResponderEliminarUn saúdo a tí tamén!