Omnipresente Amanita Gemmata

Sinónimo: Amanita Junquillea


Esta vez, imos a coñecer a un cogomelo moi popular, non polas súas cualidades gastronómicas, se non pola súa tenaz persistencio ó longo do ano nos nosos montes. Podemos apostar que a maioría de vos se ten atopado con Amanita Gemmata nalgunha ocasión; cada vez que o tempo é bondadoso cos cogomelos esta Amanita se apunta entre os primeiros que asoman no chan. Polo seu colorido é unha seta que chama a atención, fácilmente visible polos tons amarelos do seu sombreiro, e polo seu aspecto, comparable a unha Amanita Muscaria (de feito, posue a misma sustancia activa que Muscaria, o ácido iboténico, que se transforma en muscimol, a sustancia verdadeiramente psicoactiva, ó secarse; pero esa é oitra historia...) de sombreiro amarelo e sempre máis pequena que esta.

Así que por abundante, por fermosa, por amanita e por ser un clásico dos cogomelos aquí e en toda Galicia, imos botar un ollo á descripción, esta vez estreando a mellorada edición de Cogomelos de Galicia que compartimos con todos vos. Lume lo...



DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 4-10 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e finalmente estendido e algo umbonado ou deprimido. Amarelo, ocre amarelado ou amarelo limón. Cutícula separable, mate viscosa e brillante coa humidade, lisa e con placas abrancazadas máis ou menos estensas que poden desaparecer co tempo ou coa chuvia (bastante frecuentemente, por certo). Marxe Plana, lisa ou debilmente acanalada.

Lamelas:
subadnadas ou libres, apertadas, anchas, delgadas, brandas e brancas. Aresta subflocosa e da mesma cor.

Pé: 6-10 x 0,6-1 cm. Cilíndrico, cheo, oco na madurez, fráxil, doadamente separable do sombreiro e con base bulbosa. Branco puro ou amarelo moi pálido. Volva branca en forma de saco curto e comprimido, circuncisa e moi fráxil (e polo tanto tamén tendente a desaparecer ou a ser dificilmente distinguible). Anel pouco desenvolvido de cor branca, membranoso e bastante fugaz (de feito, normalmente atoparedes tan só restos pegados ó pe e tan só nos exemplares máis novos observaredes o anel completamente formado).

Carne: Branda, fráxil, branca e amarelada baixo a cutícula. Sen olor nin sabor.

Hábitat: en solos ácidos e areosos, en todo tipo de bosques, preferentemente de coníferas. Todo o ano. En solitario, máis rara en pequenos grupos. Os exemplares maís robustos pódense achar baixo frondosas. Moi común.

Comestibilidade: mediocre, según algúns, e con certo grao de toxicidade según outros; en todo caso a recompensa non xustifica de ningún modo o risco de probalo; hai que recordar que os efectos dos cogomelos están moi condicionados en ocasións polo propio metabolismo do comensal, ou sexa, que cada persoa é un mundo. Non vos recomendamos os seu consumo!

Oservacións: pódese confundir con Amanita Citrina (difícil, pero é posible), de tamano similar, pero esta ten un color amarelo pálido ou citrino e escamas ocráceas, lamelas con aresta amarelada e volva marxinada. Habíanse dar condicións específicas para que se producira a confusión, se ben e certo que podemos atopar frecuentemente Gemmatas moi claras, cas pracas sucias pola terra que nos poden levar a ela.

E isto e todo amigos. Amanita Gemmata debería ser un cogomelo fácil de identificar e co que sen dúbida vos atoparedes, polo que non está mal examinalo a conciencia como exercicio para inroducirse no campo da identificación de caracteres macroscópicos (seguide a descripción e tentar identificar os caracteres comentados no cogomelo!).

Doutra banda, xa vos imos adiantando que en breves faremos unha parada no xénero boletus para coñecer alguns dos cogomelos emblemáticos do xénero.

Boas chuvias e un saudo a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails