God save the Queen!

Esta fotografía que hoxe compartimos con todos é un regalo do amigo micólogo Xosé María Costa Lago (autor do artigo "Os fungos do Home de Xeo") a Refungando. Amanita Caesarea non necesita presentación. O manxar dos césares. Para moitos a raíña indiscutible dos cogomelos, obxeto de desexo de todo afecionado, apreciadísimo comestible e complicada de atopar na nosa terra, o que fai o seu achado máis especial se cabe. Para mín, sen dúbida, un dos cogomelos máis fermosos que podemos atopar, e se nón botade unha ollada a esta magnífica fotografía dun exemplar novo, na que todavía podemos apreciar parte do veo xeral cubrindo o sombreiro e a volva característica desta especie con forma de saco. Podedes pinchar nela e ampliala. Para vos, sempre fermosísima: Amanita Caesarea.

Moitas gracias Costa!! Disfrutádea!!

P.D: Si, si, adicarémoslle un artigo enteiro ó seu tempo. Non vos preocupar...

5 comentarios:

  1. Esta Amanita caesarea non é comestibel, simplesmente esta parasitada.
    Cando tardan en romper a capa de terra se pasan e desprenden un hedor que ninguén se atreveria comé-la .
    Por iso teñen esa cor rosa tan feo no pé

    ResponderEliminar
  2. Hola Cristovo, cando falas de parasitismo neste caso, ¿estaste a referir a Endogone rosea? ¿Ou a calquer mofo que puidera atacar ó cogomelo?

    Un saúdo, como ves, xa publicamos o teu traballo!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Non é Mycogone rosea Link 1809
    Algunhas veces pode ser parasitado. dun cogomelo que medra parasito sobre outro cogomelo, tratase de Mycogone róseo que reveste a superfície de Amanita caesarea con un tipo de mofo rosa; nestes casos se desaconsella taxativamente a recollelas, é o consumo dos exemplares contaminados polo proceso de parasitismo.
    Saudos

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails