Salía hai uns días unha nova no xornal El Correo, e que da pé ó presente escrito: "Un vizcaíno encuentra una seta gigante en la Rioja". Os que somos un pouco, ou un moito, afeccionados a esto dos cogomelos, sabemos que atopar un exemplar do xénero Boletus de dimensións como o da foto non é tan raro ne extraordinario. O que sí é raro é que este exemplar de Boletus pinophilus de 2,5 kilos, ou calqueira oitro que chegue a ese tamano, se encontre en condicións óptimas de consumo. Pero esta non é a cuestión. Ata ahí, como curiosidade para encher o vacío do verán, pouco prolífico en novas, a cousa non anda mal. Fotiño pousando co "trofeo", catro liñas contando a fazaña e arriando os bois que é xerundio.
O desagradable da noticia, ven máis adiante, cando o xornalista nos conta como ese mesmo día o noso "amigo" baixou do monte con 26 kg de cogomelos máis no maleteiro do coche, feito que máis adiante califica como un "éxito".
Este feito debería avergoñar ó amigo da foto, o primeiro, e segundo, ó xornalista que lle fai de palmero e loa nun medio público por arramblar con semellante cantidade de cogomelos, polo fraco favor que fai a micófilos que son, e ós que han de vir, debido á imaxe distorsionada do que significa sair ó campo e disfrutar dos fungos, que non ten nada que ver con encher os bolsillos con todo o que poidas e vexas e baixar logo á taberna a contar a túa aventura co peito máis hinchado co cú dun babuino. Isto non é micoloxía, nin micofilia, nin nada de nada.
O do xornalista é desculpable: hoxe en día un xornalista é alguén que escribe de moitas cousas das que non sabe absolutamente nada, e así logo lemos as cousas que lemos. O protagonista do artigo xa é outra cousa, un lle presupón certos coñecementos e, desgraciadamente para todos, non é en absoluto un caso illado.
Insisto, isto ó que asistimos non é micoloxía. Isto é garrulismo, isto son euros, isto é fachenda de todo a cen, isto é, en resumo, un compendio do peor e dos peores que aqueles que de verdade amamos e disfrutamos do Reino Fungui temos que sufrir no monte. O que temos aquí non é máis que oitro exemplo, dos moitos que todos coñecemos, de esquilmador sen escrúpulos, que esta vez chega ós medios entre nubes de confeti. Non hai nada loable, nin digno de admiración, no feito de baixar do monte con 30 kg de cogomelos. Facer isto é algo que esta ó alcance de calquer afeccionado, o realmente admirable é NON facelo. Comportamentos deste tipo non son compatibles con un uso e disfrute SOSTIBLE dun recurso AGOTABLE como son os cogomelos. Xente así a queremos... lonxe dos nosos montes.
A continuación vouvos a deixar o enlace á noticia para que, se gustades, deixedes a vosa opinión na páxina de El Correo, ainda que vos adianto que o amigo xa está a levar o seu nos comentarios a esa entrada do xornal, ahí vai:
Enlace El correo
Tamén vos podedes despachar aquí co da fotografía, e deixar os vosos comentarios, refungando, claro. Nunca hai que deixar de denunciar este tipo de comportamentos e novas xornalísticas que ó final non benefician a ninguén.
Seguide atentos a Refungando, e lembrade encher a cesta só co que vaiamos a consumir!
Garrulismo micolóxico na prensa... e no monte!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pois si 26 kgs... teria que existrir unha normativa como na pesca ou caza está claro
ResponderEliminarNaaaaa, era para unha tortilliña. Se ainda foran a excepción. O problema é que esta xente é a NORMA.
ResponderEliminarHabemos de protexer os nosos montes, non me cabe dúbida. Pero ó galician style: MAL,TARDE e a RASTRAS.
Un saúdo Alejandro!