Catro novas especies de Ophiocordyceps saen á luz dende a Amazonia brasileira

Fonte: National Geographic
Fotografía:
Ophiocordyceps camponoti-balzani, David Hughes


Desta vez o esceario foi o bosque tropical atlántico amazónico, na rexión sureste (Zona da Mata) do estado de Minas Gerais, Brasil. O grupo liderado polo entomólogo David Hughes, da Universidade de Penn State, no seu estudio do complexo de especies asociadas a Ophiocordyceps unilateralis s.l. (anteriormente, Cordyceps unilateralis) foi quen de describir catro novas especies deste xénero nun artigo publicado este pasado 2 de Marzo de 2011 na revista PloS ONE (click para ler o artigo orixinal, con máis imaxes e microscopía de cada unha das novas especies).

Lembremos que este grupo de fungos, Cordyceps e Ophiocordyceps, son parásitos específicos de distintas especies de insectos e incluso doitros cogomelos (coma Cordyceps capitata, que parasita a Elaphomyces granulaus). Como xa vimos hai tempo nun video, algúns destes fungos teñen a habilidade de modificar o comportamento da súa víctima (como os protagonistas de hoxe), transformándoa nun zombie sen vontade, impulsada polo propio fungo instalado no seu cerebro a trepar máis e máis alto, para finalmente aferrarse cas mandíbulas a calquera folla ou pequena rama para morrer nuha posición elevada que permita unha maior dispersión das esporas do fungo cando o corpo frutífero deste se desenrole. Toda unha mostra de adaptación evolutiva do máis incrible.

Estes novos fungos son, coma Ophiocordyceps unilateralis, parásitos de formigas da tribu Camponoti, e foron nomeados segundo a especie en concreto á que atacan. Desta forma, o fungo que parasita á formiga da imaxe, unha Camponoti Balzani, foi bautizado coma Ophiocordyceps camponoti-balzani; igualmente ocorre con Ophiocordyceps camponoti-rufipedis, Ophiocordyceps camponoti-melanotici e Ophiocordyceps camponoti-novogradensis.

No artigo de National Geographic, tedes unha completa galería de imaxes de todas estas especies, algunhas realmente fermosas á vez que inquedantes; estes fungos son auténticos artístas na preparación de cadáveres. ¡Non volas perdades!

1 comentario:

  1. Pois a verdade é que aínda que está ben eso de que aparezan novas especies... a foto da formiga da unha pena...

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails