Eses dous minúsculos cogomelos que se arriman un ó outro, vestidos de branco puro coma nenos de comunión esperando ás ostias do cura, son os protagonistas de hoxe. Se trata dunha especie que, precisamente polo seu tamano (a xema dun dedo ou menos aínda), non é sinxela de localizar nin de fotografiar. Unha especie que recentemente e gracias ó traballo dun dos nosos máis grandes micólogos, no "exilio" en EEUU, Alfredo Justo, trocou xénero e nome. Algúns xa a coñeceredes co seu antigo nome, Torrendia pulchella, para todos os demáis, vos presentamos a Amanita torrendii, un dos hachados micolóxicos máis interesantes da nosa primavera.
Con motivo dunha saída que organizamos conxuntamente co Grupo Micolóxico Galego (a quenes aproveitamos para mandar unha forte aperta) polas nosas terras, fixemos unha parada para comer no Parque Periurbano de San Roque, aquí en Ribeira. Foi alí onde, logo de saborear as sabrosas viandas que nos acompañaban, me atopei con este curioso cogomelo paseando na sobremesa polos arredores a ver qué caía. Chamei a Óscar Requejo quen se achegou rápido... e máis rápido aínda que identificou o cogomelo, mentres eu todavía trataba de decidir se o seu pequeno tamano se debía a que estaba ante un par de alevíns ou lles viña a cousa de familia. Casualmente, Óscar xa citara este fungo no último número da revista Mykes, co cal tiña toda a información desta especie fresca para compartir con nos.
O certo é que Amanita torrendii (bautizado así en homenaxe ó micólogo portugués Camillo Torrend) é un cogomelo sinxelo de identificar, por raro, se se coñece ben. A ausencia de lamelas, como veremos máis adiante, o seu pequeno tamano e a delicada volva branca fan deste un cogomelo cas suficientes particularidades para dar un rápido veredicto. Ademáis, é un bo candidato para traballar a nosa fotografía macro e poñernos as cousas un pouco difíciles para sacar unha boa toma debido ó seu tamano e cor.
Pero sen máis preámbulos xa, imos a ver a descripción deste cogomelo, recén chegado á familia amanitaceae. Con todos vos, a máis pequena das amanitas... (click abaixo para ler o artigo enteiro).
DESCRIPCIÓN
Nota previa: Amanita torrendii é o que se denomina unha especie secotioide. ¿Isto qué quere dicir? Pois que se trata dun cogomelo nun estadio evolutivo intermedio entre a forma, neste caso, de cogomelo con lamelas, e a de gasteral. Ou sexa, un cogomelo que está evolucionando hacia un peido de lobo (aínda que vos pareza raro, todo apunta a que os gasterales son formas máis evolucionadas de cogomelos que os agaricales). A. torrendii trátase ademáis do primeiro cogomelo secotioide descrito do xénero amanita.
Sombreiro: 18 x 15 mm. Ovoide ou semigloboso, branco como o resto do carpóforo, composto por un peridio moi fino formando un patrón granuloso na superficie e unha gleba carnosa. A veces con restos do veo universal. Non presenta lamelas (pensade no cogomelo coma nun peido de lobo con pé).
Pé: 20 x 5 mm. Branco, cilíndrico, fibriloso e algo escamado. Cunha pequena volva tamén branca (se aprecia na imaxe da esquerda, aínda que alguén había pisoteado o exemplar). Fráxil, sepárase do sombreiro e volva con facilidade.
Carne: Branca inmutable. Sen olor nen sabor apreciables.
Hábitat: Os exemplares recollidos frutificaban preto dun castaño de indias (Aesculum hipocastanum). Preferencia por chans algo areosos. En primavera.
Observacións: Como xa adiantamos antes ata 2010 a súa denominación era Torrendia pulchella. Os distintos estudos microscópicos levados a cabo xa apuntaban á inclusión desta especie no xénero amanita, pero foi o recente traballo de estudo molecular de Alfredo Justo publicado na revista Mycologia en 2010 o que puxo as cousas no seu sitio, e os cogomelos no seu xénero.
É unha das 33 especies en perigo de extinción en Europa do Anexo I da Convención de Berna, aínda que en Galicia e sobre todo sur de España se observa con certa frecuencia.
Amanita Torrendii apareceu un par de veces máis esta primavera, sempre fiel ó mesmo lugar, aínda que nunha das ocasións as lesmas deran boa conta delas. Esta próxima primavera seguiremos con atención a súa evolución e procuraremos traervos máis e millores fotografías. Mentras tanto, nos quedan por ver moitos e interesantes cogomelos de aquí a alá. Seguide refungando con nós, e chegarán as vosas pantallas.
Rareza primaveral en Ribeira: Amanita torrendii
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario