Fotografía: Universidade de Yale
Os protagonistas do descubrimento do fungo que vedes cultivado nuha placa petri da que está a dar boa conta na imaxe do artigo, bautizado Pestalotiopsis microspora, foron un grupo de estudantes de Bioloxía Molecular da Universidade de Yale que facían traballo de campo na Amazonia recollendo endofitos (lembremos, fungos e bacterias que viven en simbiose nos tecidos dalgunhas prantas e dos que xa tivemos ocasión de falar aquí).
O fungo foi descuberto na citada viaxe á Amazonia en 2008, en Ecuador. Foi entón cando Pestalotiopsis microspora se describiu por vez primeira para a ciencia, pero é agora, logo de estudalo con atención, que coñecemos das súas mañas.
Pria Anand, unha das participantes na experiencia, decidiu comprobar se o fungo en cuestión mostrabas actividade biolóxica en presencia de plástico. Logo da súa graduación, oitros estudantes continuaron a labor. Jeffrey Huang investigou a capacidade destes organismos para romper enlaces químicos, mentres que Jonathan Russell identificou as enzimas responsables na descomposición do poliuretano. Os resultados das súas investigacións publicáronse na revista Applied and Environmental Microbiology.
Non é o primerio fungo que se coñece con esta habilidade, pero Pestalotiopsis microspora ten a capacidade de facelo en ausencia de osíxeno, polo que se presenta como unha interesante opción para nun futuro emplear en vertedoiros na eliminación de plásticos. Pero non poñamo-lo carro diante dos bois, dende este descubrimento ata a súa aplicación industrial no tratamento de residuos, queda todavía un longo camiño de investigación para facelo viable e rendible. En todo caso, é un primeiro paso moi firme.
Pois nada rapaces, vos a investigar, e nos a esperar a boa nova. Mentres tanto, vouvos a confesar aquí en petit comité un titular que me gustaría poder ler algún día e contarvos aquí: "Descubren un novo fungo que colle os cartuchos usados do monte e llos mete ós cazadores polo cu". Ata lle teño nome: Cartuchis rectalis. Esa si que sería boa...
Un fungo devorador de... ¡plástico!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Interesantes aplicacións futuras, coma en moitos fungos. sen ir máis lonxe, a seta xigante da China da que falaches fai pouco, polo de agora, estase vendo a súa utilidade farmacolóxica coma antiinflamatorio e antitumoral.
ResponderEliminar