Unha solución ós problemas de vivenda nas fragas

Hoxe imos co primeiro video fúnxico do ano. Desta vez, asistiremos á curiosa solución que un grupo de formigas dan ó problema da falta de vivenda nas fragas, solución que, por suposto, involucra a algún que oitro cogomelo. Botade un ollo ó video, que é un fragmento do documental "El reino del bosque", e logo comentamos...



Está claro que o que queda sen casa, e porque quere, aínda que a casa non vaia a durar moito. Neste caso os "ocupas" parece que atoparon nun exemplar de Mitrophora semilibera (ou Morchella semilibera, que é un sinónimo, aínda que no documental no se fai referencia á especie) o lugar ideal para resgardarse do frío e non sabemos se tamén para alimentarse, aínda que sería un desperdicio non botarlle o dente tendoo tan a man. ¿Vos imaxinades vivir dentro dun boletus edulis? Mamma mía!! Ventaxas que ten ser fomiga...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails