Quiquín nos trae... ¡Licor de Boletus!

Os reis magos tamén vos trouxeron algo este ano en Refungando. Unha deliciosa receita para elaborar unha bebida espirituosa digna dos padales máis micolóxicos que concentra todo o sabor do monte e fungos en cada grolo. Palabrita de neno Xesús.

O rei mago responsable desta fórmula máxica é Joaquín Millán Miranda (aka Quiquín), autoproclamado Marqués da Barreira, propietario do restaurante O Carreiro (en vías de traslado dende Aguiño a Ribeira) e responsable tamén das máis suculentas e opíparas enchentas micolóxicas que moitos de nós lembramos e protagonizamos no seu local. Ahí o tedes, co seu fillo en brazos para este ano que entra. Do anterior, non sen moito traballo e sudor, demos boa conta entre compañeiros e amigos de Refungando. Que viva o licor de Boletus Edulis.

Así que se vir a Ribeira a catar esta ambrosía non é unha opción para ti, quizáis si o sexa facelo ti mesmo. ¿Que como? Pois a cousa vai tal que así...
Ingredintes para 5L (Tarro Tamano Obelix) de Licor de Boletus:

  • 1 L agua
  • 1 Kg azúcar
  • 4 Kg boletus
  • 3 L augardente
- Facemos un almíbar xuntando a auga  e o azúcar ata acadar a espesura adecuada, de hebra grosa, que lle chaman os entendidos, isto é: ten que acadar unha espesura tal que ó mollar os dedos nel, xuntalos e separalos, débese formar unha hebra ben ancha e consistente entre eles. Tal que así.

-Confitar os boletus enteiros no almíbar (sen tapar). O confitado é unha cocción a baixa temperatura, así que coceremos o boletus no almíbar sen deixar que este ferva durante 30 a 40 minutos.

-Engadimos á augardente 1,5 L aproximadamente do almíbar resultante da cocción dos boletus.

-Deixar repousar un mínimo de 6 meses.

-Beber con moderación. Sen presa pero sen pausa.

Por suposto, lembrade que cando se acabe, que se acabará, o licor, os boletus enchoupados son valiosísimos ingredintes na nosa cociña que nos pode axudar a preparar suculentos pratos. ¡Todo se aproveita!

Xa nos contaredes, ¡saúde! ¡hip!... ¡hip hip!

2 comentarios:

  1. Si che contara eu o que faría con eses boletus enchoupadiños non vos sacaba do comedor a todos, BICOS meus.

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes que agora temos a comida da asociación e xa nos contas todo o que gustes... nun prato. Je, je ,je!

    Atenta ó correo!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails