 |
Asterophora salvaterrensis Blanco-Dios - Fotografías: Amancio Castro
|
Ou yeah!, que diría
Duffman. O novo achado made in Galicia se acaba de publicar no número 118 de Outubro-Decembro da revista
Mycotaxon deste ano e, o protagonista, amén dos minúsculos e curiosos cogomelo que abren o artigo, é, por non variar,
Jaime Blanco Dios, aka o "
descubridor de setas ignoradas", e que xa coñeceredes se nos seguides a miúdo dalgún que oitro descubrimento coma a recente
Arrhenia salvorana. Esta nova especie que nos trae o Nadal como remate de ano, e que se converte na cuarta descuberta dentro do xénero
asterophora no mundo mundial, foi atopada en
Leirado, Salvaterra de Miño (Pontevedra), e bautizada en consecuencia
Asterophora salvaterrensis.
O xénero
asterophora está formado por
tres, ups!,
catro especies de cogomelos parasíticos dos xéneros
russula e
lactarius e que medran sobre os carpóforos dalgunhas das especies destes. O noso cogomelo medraba sobre un exemplar podre de
Russula nigricans que compartía con oitras especies de
asterosphora (e que veremos proximamente noitro artigo), nun piñeiral de
Pinus pinaster. Mención especial, polo tanto, para a visión de Jaime Blanco, quen foi quen de dar con este
minúsculo cogomelo que, para máis
inri, se misturaba con carpóforos doitras dúas especies
de maior tamano facendo todavía máis difícil o chamar a atención ó tentar así pasar desapercibido. Bo ollo, meu.
Imos entón ca descripción deste pequeno gran descobremento. Pinchade abaixo en
ler máis para seguirlle os pasos.
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: de 0.5 - 4 mm de diámetro, plano-convexo ou aplanado co centro deprimido. Marxe primeiro involuta, logo moi ondulada. Zonado, marrón no disco e marrón verdoso ou ocre-marrón no resto, co marxe abracazado. Ennegrece coa idade ou coa manipulación.
Lamelas: Decurrentes, espaciadas, non bifurcadas, completamente furfuráceas de cor gris pálido ou gris. Aresta concolor, obtusa e sen lamélulas.
Pé: 1.5-10 x 0.5 - 1.5 mm. Central, uniforme ou lixeiramente máis amplo ou atenuado no ápice. Cheo. Completamente furfuráceo sobre fondo de cor marrón ou marrón negruzca.
Carne: Moi delgada, negra cando é exposta, finalmente de marrón a ocre. Sen olor nen sabor distintivos.
Hábitat: Sobre exemplar de Russula nigricans en piñeiral de Pinus pinaster.
Oitro novo segredo micolóxico da nosa terra desvelado. ¿Cantos máis esperan aínda ser achados? ¿E ó carón de cantos destes cogomelos pasariamos sen prestarlles sequera atención? ¿Cantos deles teriamos nas nosas mans para logo delvolver ó chan encollendo os ombros? A micoloxía é así, que diría un futbolista. Pensádeo un intre, mentres lle dicimos a Jaime dende aquí: ¡Noraboa polo achado!
En fin, nos vemos estos días polas zonas de dunas da costa. Agora é o que se leva. Por suposto, andaremos refungando entre a area, e xa vos traeremos algún amiguiño da praia. Pero antes de que acabe o ano aínda quedan algunhas balas na recámara. Atentos.
¿e o artigo das outras especies de Asterophora que iamos a ver " próximamente"?
ResponderEliminar