Flammulina velutipes |
Ademáis, seguro que xa vos deacatastes, este é un cogomelo verdadeiramente fermoso: os seus tons de vivas cores, o seu pé suavemente afeltrado e a súa sobria e elegante coloración fan das apertadas fructificacións de Flammulina velutipes unha seria candidata a algunha das vosas máis impresionantes fotografías. E si, a pregunta que a case todos se vos pasa pola cabeza cando coñecedes un novo cogomelo, se come.
Imos ver de seguido que máis sorpresas nos garda este cogomelo de sinxela identificación e que frutifica agora mesmo nos nosos montes. ¿Imos aló?
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 2-8 cm de diámetro. Pouco carnoso, ó principio convexo, logo plano-convexo e ás veces de contorno irregular. Cor amarela, vermella alaranxada ou vermella sucia, máis clara na beira e máis oscura no centro. Superficie lisa e brillante, viscosa en tempo húmido. Marxe sutilmente estriada (hai que fixarse ben, a veces non se aprecia a simple vista) e translúcida.
Lamelas: Anchas, ventrudas, espazadas e pouco numerosas. De cor abrancazada amarelada e ocráce pálida na madurez.
Pé: Unha das claves da identificación deste cogomelo polas súas particularidades. Cartilaxinoso e tenaz, curto, curvado, cilíndrico, algo atenuado cara a abase e radicante. Amarelado na parte superiror, pardo escuro a pardo mouro na inferior, recuberto de pelos mouros curtos, máis concentrados na base, que lle confiren ese aspecto tipicamente aveludado. Na imaxe da esquerda podedes observar pefectamente estes caracteres tan particulares.
Carne: Delgada e elástica. Branca amarelada. Olor pouco destacable e insípida.
Hábitat: Crece en grupos máis ou menos numerosos sobre tocos de diversas árbores planifolias. Frecuentemente en troncos de toxos mortos. Fináis de outono e inverno. Frecuente.
Fonte: Wikipedia, usuario Chris 73 |
A clave desta gran diferencia reside no método de cultivo. Flammulina velutipes cultívase normalmente en botellas de plástico en lugares oscuros, provocando este ambiente o seu aspecto albino e o crecemento do pé maior do acostumado na súa búsqueda de luz e un sombreiro moito menos desenvolto. Este cogomelo soe usarse moito en sopas e ensaladas.
Como última curiosidade comentar que Flammulina velutipes ten o privilexio de ser un dos poucos cogomelos en voar ó espacio. En 1993 un cultivo deste cogomelo partiu da Terra no Columbia para estudar como se manexaban os cogomelos ó medrar en ausencia de gravidade. O resultado foi que, en ausencia da mesma o fungo perde, como os humanos, a noción de arriba e abaixo, se desorienta, e os cogomelos medran en tódalas direccións.
Seguiremos refungando en próximas entregas, estade atentos ós vosos monitores, porque o inverno sempre nos trae novos e interesantes cogomelos. É o momento no que un hábitat pouco visitados polos afecionados se enche de vida fúnxica: as dunas. E alí estaremos para contárvolo.
Bo Nadal e boas colleitas para o vindeiro ano.
ResponderEliminarMoitos bicos.
www.cocinandosetas.com
Bo Nadal Conchi! E que para o ano sigas dando caña ós nosos bandullos cas túas receitas.
ResponderEliminarUnha aperta!