O humor fúnxico de Davila: A expansión do eucalipto

Coma sempre Davila quita punta e saca un sorriso de temas que moitas veces non teñen ninguna gracia. Coma neste caso, ca expansión imparable deste parásito dos nosos montes e cancro da nosa fermosa terra, afeada e enferma polas incontables plantacións que cada vez se van ampliando máis.

Esta especie foránea atopou en Galicia un lugar co clima ideal para desenvolverse con soltura e rapidez, o que o fai expandirse de maneira incontrolada polos nosos montes e parques naturáis (o das Fragas do Eume é de pena e unha vergoña para nós como galegos) desprazando monte autóctono ca diversidade biolóxica que o acompana no proceso. Todo en aras de gañar catro pesos rápido.

Nunca perdades ocasión de arrincar un brote desta praga cando o teñades a man (home, non vos metades nunha plantación privada a facer estragos, ó fin e ó cabo cada un fai co seu o que quere). O eucalipto bo é o que está arrincado ou en Australia. Deseucalipta Galicia. Iso si que fai rir.

Eucalipto go home!

1 comentario:

  1. A pena foi o desinterese de xeracións pasadas polo tema...ou máis ben o pouco caso que lle fixeron a algúns. Pero non vale de nada laiarse, e agora que cada vez temos menos bosque atlántico resulta máis complexo poñelo en valor. Concienciar e o que hay que facer. Ben dito Funguiño.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails