Algúns, os menos novos (que non vellos), lembraredes a frase aquela de "¡No se vayan todavía, aún hay más!", do mítico Super Ratón. Pois iso, se pensabades que a activididade divulgativa micolóxica en Galicia xa rematara... ¡non vos vaiades todavía, aínda hai máis!
E hai máis en Salceda de Caselas esta fin de semana, o sábado 3 de decembro, ca celebración da charla-exposición organizada pola Asociación de Veciños de San Xurxo de Salcedad e Caselas e na que Óscar Requejo nos falará de "Os fungos e os seus ecosistemas". O acto celebrarase na cafetería do Centro Cultural San Xurxo de Salceda a partir das 17:30.
Se pensades que coñecedes algo dos ecosistemas fúnxicos, pensádeo oitra vez e esperade a oir a Óscar. Vos sorprenderedes dos lugares que poden chegar a colonizar, cómo o seu hábitat está estreitamente ligado á súa alimentación e co retortos que poden chegar a ser á hora de buscarse un fogar.
Moi recomendable para completar coñecementos micolóxicos cun tema protagonista pouco tratado en conferencias e moi interesante como un apoio máis nas nosas identificacións. Unha das últimas oportunidades que aproveitar agora que o outono xa nos vai dicindo adeus.
¡E no olvidedes supervitaminizarvos e mineralizarvos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola,
ResponderEliminarLamentablemente, logo do tráxico suceso ocorrido hoxe na estrada que une Mos con Peinador, e na que faleceron dous rapaces da parroquia de San Xurxo, a Xunta Directiva da Asociación de Veciños decidiu suspender o evento.
Unha aperta para a familia.
Gracias a tod@s,
A Asociación.
Sinto oir iso de veras. Unha aperta grande para todos.
ResponderEliminar