¿Cal é o pistoleiro cas esporas máis rápidas do Reino fungi?



Xa iba tocando algún video. Nesta ocasión temos que agradecer o "chivatazo" a Óscar Requejo, que foi quen nos enviou o sorprendentedocumento que ides a ver. 

O protagonista do video é, como non podía ser doutra maneira, un fungo e os seus cogomelos, ou un xénero de fungos máis ben: Pilobolus. Estos minúsculos cogomelos (2-5 mm) medran nos excrementos de distintos herbívoros e, de xeito parecido ó recentemente visto neste blog Cyathus striatus, presentan unha adaptación evolutiva para a dispersión das súas esporas que fan dos seus cogomelos os "lanzadores" máis rápidos da Terra. Si, si, da Terra.

Imos a comentar brevemente como funciona o ciclo reproductor deste cogomelo para poñernos en situación. Como veredes no video, pilobolus ten un longo pé fiamentoso cunha ampola no extremo que á súa vez presenta o esporanxio (saquiño que contén as esporas) no ápice, ca forma dunha pequena lentella oscura. A medida que o cogomelo madura, a "ampola" se vai enchendo de auga, aumentando a presión nesta, ata que finalmente o esporanxio sae despedido debido á presión liberada ó ceder a ampola. É neste momento cando este cogomelo se revela coma o perfecto lanzador dun equipo de baseball. Agora, co esporanxio lanzado ben lonxe da bosta entre a herba, só queda esperar que oitro animal consuma as esporas, que pasarán indemnes polo tracto dixestivo do animal para volver a ver a luz nos excrementos no seu momento. E volta a comezar.

O video pertence a unha serie documental da BBC de tres episodios chamada "Richard Hammond´s Invisible Worlds" (Os mundos invisibles de Richard Hammond) e na que o seu presentador nos achega a aspectos da natureza que pasan desapercibidos ó ollo humano utilizando para iso as últimas tecnoloxías en cámaras de alta velocidade, de infravermellos ou ultravioleta para amosarnos as marabillas que nos estamos a perder. Pois ben, no video, desafortunadamente sen subtitular aínda que non será problema, o que nos vai amosar desta vez Richard é a través dunha cámara de alta velocidade o lanzamento dos esporanxios de pilobolus. Para observalo ben, teremos que relentizar o proceso 10.000 veces, xa que a aceleración do esporanxio ó sair despedido e de unhas 20.0000 Gs, pasando de 0 a 20 millas por hora en apenas duas millonésimas de segundo. Tede en conta que os máis experimentados e entrenados pilotos de caza poden chegar a soportar preto das 10 Gs durante uns segundos antes de desmaiarse. A aceleración do esporanxio deste cogomelo é simplemente brutal.

Pero todo ten un porqué. Na súa escala de tamaño e peso, o aire se torna nun densísimo fluido que o cogomelo necesita atravesar para alonxarse o máximo posible do bosteiro e así aumentar as probabilidades de que oitro animal consuma as súas esporas. Ata dous metros pode chegar a lanzar o pequeno pilobolus o seu esporanxio.

E non acaban aquí as curiosidades deste fungo, non vaiades a pensar. Falamos antes de pilotos, e pilotos precisamente é o que en ocasións levan os esporanxios de pilobolus; ou máis ben pasaxeiros deberiamos dicir. Resulta que as larvas dalgúns nemátodos parásitos de herbívoros se suben ós esporanxios co fin de utilizar este medio de transporte como vehículo para tamén chegar eles ó tracto dixestivo dos seus anfitrións ó ser consumidos estes xunto co esporanxio polos animáis.

Seguro que a partir de agora mirades as bostas dunha maneira diferente porque... ¿quén nos iba a dicir que o lanzador máis rápido da Terra vive nun monte de merda? Pois así é, e así volo contamos.

2 comentarios:

  1. Coño! ese e o de Top Gear, non sabía da sua afición os cogumelos, xDD

    ResponderEliminar
  2. Pilláchelo á primeira, ¿eh? A verdade é que os documentáis non teñen que ver con cogomelos, senon que son basicamente unha mirada distinta da natureza empregando os medios visuáis máis modernos. Eu vira os outros dous capítulos, curiosamente se me escapara este no que aparecían os cogomelos. Moi recomendables.

    Vos deixo para todos os enlaces para descargar os tres episodios:

    1- http://www.megaupload.com/?d=U1ILQ9WJ
    2- http://www.megaupload.com/?d=OH6OW19N
    3- http://www.megaupload.com/?d=OYQC8JWW

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails