|
Fructificación de Armillaria ostoyae.
Fotografía tomada en Ordes (A Coruña). |
|
|
|
|
Xa hai un tempo que
falábamos deste fungo,
Armillaria ostoyae, de medidas astronómicas que habita no Parque Nacional Malheur, nas Blue Mountains de Oregon (EE.UU.). O acceso a un estudo asinado por
Craig L. Schmitt, Patólogo Forestal e
Michael L. Tatum, Silvicultor Forestal en 2008 nos ofrece novos e interesantes datos e imaxes acerca de este interesante organismo fúnxico. Ampliemos información...
O fungo en cuestión, coñecido como o
Humongous Fungus (literalmente, fungo enorme) está formado por unha colonia clonal, ou sexa, un grupo de individuos cun ancestro común que se desenvolveron sen mediar reproducción sexual (de forma similar, por exemplo, a o que ocorre ó facer esquexes de prantas) e, polo tanto, son clons xenéticamente idénticos ó individuo orixinal.
|
Área afectada pola colonia clonal D. |
No Parque Malheur existen cinco destas colonias, das cales a máis grande é a formada polo
Humongous Fungus, a colonia clonal D. Esta colonia ocupa unha extensión de
965 hectáreas. Gracias a este documento puidemos localizar no GoogleEarth a área exacta que ocupa o fungo, e que podedes ver delimitada por unha liña vermella na imaxe da esquerda. Se a imaxe non é o suficientemente descriptiva, pensade que unha hectárea é aproximadamente a área que ocupa un campo de futbol.
|
Vista detalle colonia clonal D. |
|
No mesmo documento nos atopamos tamén con interesantes aclaracións acerca da idade e peso do fungo. Por exemplo, no caso da idade, as estimacións foron feitas en función do tamano actual da colonia e a capacidade de crecemento anual do fungo, e que varía segundo os distintos estudos sobre o tema. Desta forma, cunha estimación de 21 cm/ano (basado no traballo de Van der Kamp, 1993), temos unha idade estimada de
1900 anos. Se nos basamos no traballo de Shaw e Roth, 1976, temos 85 cm/ano e
2200 anos de idade. E se finalmente atendemos ó estudo de Peet, 1996, obtemos o maior valor de 1m/ano e a incrible idade de
8650 anos. As diferentes estimacións fan que segundo a fonte os datos que atopemos ó respecto varien tanto.
|
Vista da colonia clonal E. |
Algo aparecido ocorre para o peso do noso vello amigo. Usando como punto de partida o traballo de en colonias máis pequenas en Michigan de Smith e outros (1993), o peso do fungo, incluindo na estimación micelio e
rizomorfos, podería variar entre
7,567 e
35,000 toneladas.
Na imaxe da esquerda podedes ver o estado no que quedan as zonas infectadas por este voraz parásito de coníferas, neste caso a imaxe foi tomada na colonia clonal E. Se estades interesados en visitar vos mesmos o fogar do Humongous Fungus a través de GoogleEarth, estas son as coordenadas: 44º 28’ 34.21” N 118º - 29’ 5.17” W.
Bueno compañeiros, xa sabedes algo máis do organismo vivo máis grande do noso pequeno e fermoso pedrusco do sistema solar. O seu tamaño e idade, nos falan dun dos organismo máis exitosos e adaptados na principal competición que se celebra tódolos días na Terra: a supervivencia. Volveremos a falar nun futuro, por suposto, de
Armillaria ostoyae. Pero esa é oitra historia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario