Cogomelos a través dos ollos dos nenos

Hay pouco que tiven a gran fortuna sorte de impartir unhas charlas no Ceip de Pedrouzos, en Brión a un grupo de nenos de entre seis e oito anos convidado polos seus profesores. Confésovos que ás veces para min é moito máis refrescante que falar para adultos é tratar con nenos, non só polo divertido das súas preguntas, senon porque non teñen medo a facelas e porque a súa curiosidade non ten límites.

O caso é que o pasei francamente ben e creo que fun quen de disfrutar tanto con eles como eles disfrutaron cos cogomelos. Espero de verdade ser o culpable de que nun futuro saia de Brión algún micólogo/a que con algo de sorte se lembre de aquel mozo de Ribeira que cando nenos lles foi falar de fungos e os seus cogomelos. Madeira había.


O que sí e seguro que eu non me vou a olvidar deles. Tampouco das tres nenas que, cando xa me ia marchar, se me achegaron e me regalaron cada unha un debuxo, a súa visión con ollos de neno do Reino Fungi que tanta ilusión me fixo. Elas mos regalarona min, e eu o quero compartir agora con todos vos. De Antía, Alissa e Diana, ahí quedan estas obras de arte micolóxico. Graciñas rapazas.

Dende aquí non quero despedirme sen agradecer tanto ós profesores, como ó persoal do Ceip de Pedrouzos polo trato recibido e como non, ós nenos, protagonistas desta historia. Sodes caralludos, mira que me fixestes rir, e iso cos tempos que corren, é todo un luxo. Unha forte aperta a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails