Os afecionados ás boas bandulladas de cogomelos están de noraboa. A Sociedade Micolóxica Lucus comeza mañá (días 11 e 12) as súas III Xornadas Micograstonómicas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo nas que o máis selecto fogoneiros do nosa terra expertos en cociña con cogomelos exporán ante a concurrencia os seus segredos, incribles e saborosas receitas e todo o que un debe saber á hora de preparar estes manxares na nosa cociña. Os micogastrónomos que este ano visitarán a cidade das murallas serán...
- Carlos González Vidal (Restaurante España)
- Conchi Zúñiga (do recomendabilísimo Blog Cocinando Setas)
- José Luis Tomé Ortega (Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra; ollo con este, que o coñecemos pois xa nos visitou, que ten unha paixón pola cociña micolóxica tal e unha capacidade de transmitir sabores e texturas ca palabra, que é capaz de poñer o auditorio a salivar coma cans; aquí de feito o fixo e todavía se lembra a experiencia...)
- Julián Alonso Díaz (Asociación Micolóxica Lucus)
- Jesús Blanco Rey (Docente de formación de cociña e asesor de empresas de hostelería e restauración)
Así mesmo, o día 27 deste mesmo mes se celebrará tamén a X Exposición de Cogomelos, no colexio Rosalía de Castro. Tedes toda a información necesaria premendo na imaxe dos cartéis do acto qeu acompañan este artigo.
Así que xa sabedes, esta fin de semana, libretiña e a tomar nota en Lugo das formas máis sorprendetes e deliciosas de preparar cogomelos da man dos millores chefs micolóxicos.
¡Veña que ferven as potas!
Ola,
ResponderEliminarche invidia, mi piacerebbe assaggiare le vostre specialità micogastronomiche!!!.
Saluti a tutti, vi seguo sempre.
Ola,
Eu envexo, gustaríame probar a súa micogastronomiche especialidades!.
Saúdos de todo, eu segui-lo para sempre.
Appuntidimicologia
Grazie Stefano per le tue parole. Venite a provare quando vuoi! Saluti.
ResponderEliminar