Lepiota brunneoincarnata, cortesía da Asociación Micolóxica Errotari |
As lepiotas brunneoincarnata e subincarnata, moi parecidas, crecen en lugares herbosos, beiras de camiños, parques e xardíns. O seu pequeno tamano (ata 5m) fai difícil a confusión con macrolepiotas, pero xa sabedes que de todo hai na viña do señor e a confianza nesto dos cogomelos é moi mala conselleira. É maís sinxelo confundilo con algún agaricus de pequeno tamano ou con algunha especie do xénero tricholoma comestible, como Tricholoma atrosquamosum . Por iso hai que ser moi coidadoso á hora de recolectar especies destes xéneros e, ante a menor dúbida, rexeitalos. Ide ó seguro.
A intoxicación por estes cogomelos, de suave e afroitado arrecendo (e que lembra á mandarina, o cal pode facelo apetitoso nas nosas mans) presenta moitas similitudes ca de Amanita phalloides ca que comparten toxinas, en concreto amatoxinas: vómitos, diarreas ó comenzo, para logo rematar afectando ó fígado e riles puidendo chegar incluso a darse un fallo multiorgánico. Non é ningunha carallada, trátase dunha intoxicación moi grave.
Aquí en Galicia non son cogomelos moi comúns, pero habelos hailos, así que avisados estades. Non nos cansaremos de dicir, e non será porque este ano non o repetiramos media ducia de veces, que hai que ter moito coidado con coller "macrolepiotas" demasiado pequenas, que é un xénero con moitas similitudes entre as distintas especies, que hai que examinar ben os exemplares recolectados, idem cos agaricus... A ver se agora, con un pouco de medo no corpo, lle prestamos algo máis de atención ó que recollemos e nos facemos cun bo manual para que nos bote unha man, ou millor aínda, ter de man alguén que de verdade sepa do que fala cando o tema son os cogomelos.
Impresionante que a estas alturas a xente todavía non sexa consciente do perigo que entrana recoller cogomelos con demasiada "alegría".
E lembrade o dito: "Tódolos cogomelos son comestibles... a lo menos unha vez".
No hay comentarios:
Publicar un comentario