¡Non se vaian todavía, que aínda hai máis! Non se acaban as actividades en Galicia agora que o tempo nos trae máis e máis variados cogomelos. A Asociación Micolóxico Naturalista Liboreiro de Bueu nos ofrece dende este martes 22 de novembro e ata o venres 25 un ciclo de charlas cos cogomelos como protagonistas e que terán lugar no Centro Social do Mar de Bueu nesas datas a partir das 20:00.
O menú deste ano ven así de interesante:
- Día Martes 22: "Monumentos arbóreos da terra galega. Historia, cultura e natureza" (Carlos Rodríguez Dacal, botánico)
- Día Mércores 23: "Iniciación á micoloxía: Características macroscópicas dos cogomelos" (Alejandro Mínguez González, micólogo)
- Día Xoves 24: "O xénero amanita" (Xosé Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo)
- Día Venres 25: "Os cogomelos e o seu hábitat" (Antonio Rigueiro Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario