Sen dúbida se hai unha maneira ideal para captar a beleza dos cogomelos, esa é, despois dos propios ollos, a fotografía. Unha forma de reter no tempo a singular fermosura desa escea na que participan por igual a natureza e os cogomelos, ese momento especial nas nosas saídas ó monte que nos fai ficar abraiados.... e moito millor que a propia memoria ou o cesto de vimbio. Hoxe queremos compartir con vos algúns deses momentos capturados no tempo.
Porque ó fin, o XIII Concurso de Fotografía Micolóxica Enrique Valdés Bermejo, organizado pola Asociación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía, xa ten gañadores deste ano 2011. Nesta edición as protagonistas foron un exemplar de Mycena seynesii e a súa compañeira de piso piña, dúas Morchelas esculenta var. vulgaris e unha noviña Amanita Rubescens. Fantásticas as imaxes, non te cansas de miralas. Pero xulgade vos mesmos (podedes facer click nas imaxes para velas a maior tamaño).
And the winner is... :
- 1º Premio: Joaquín Sánchez Romero
- 2º Premio: José Angel Mintegui Bilbao
- 3º Premio: Ángel Paz Miguel
|
1º Premio |
|
2º Premio |
|
3º Premio |
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario