Se a pregunta que encabeza este artigo a fixeramos en calquer outro tipo de web, seguro que máis de un respostaría que a balea azul; outros que Bud Spencer... pero o caso é que isto é unha páxina por e para os cogomelos, así que xa coñecedes media resposta. Efectivamente todos os que acertadamente pensastes nun fungo como candidato a este posto de bicho máis grande, podedes darvos unha palmada no lombo. A noticia de este descobremento non é nova e salta á luz en Agosto do 2000. Agora salta a Refungando ó recordar esta historia nunha tertulia navideño-tabernaria. Ata entón, e dende 1992, un fungo descuberto ó sur do Monte Adams, no estado de Washington, e que ocupaba unha superficie de 600 hectáreas, un especímen de Armillaria Ostoyae, ostentaba o título. Pero en 2000, Catherine Parks, do Servicio Forestal de US, dou a coñecer un novo fungo preto de alí, no Parque Nacional Malheur, nas Blue Mountains (Oregón), no oeste de USA. A morte de gran número de árbores levou a especialista en patoloxía vexetal a facer un estudio en toda a área, unha vez que se descubriu que o que estaba atacando os árbores era, de novo, un especímen de Armillaria Ostoyae. Este fungo é un dos máis agresivos e voraces parásito-saprófitos de árbores, sobre todo coníferas; infecta a árbore e se alimenta de ela e, cando morre, se extende polo sistema de raíces formando rizomorfos negros (na imaxe da esquerda vedes o aspecto que teñen desenterrados) en busca de novas víctimas, saltando de árbore en árbore. Por iso hai que ter moito coidado incluso ó facer talas controladas, xa que podemos propiciar a expansión do fungo sen darnos conta ó talar individuos xa infectados.
¿Os números do noso amiguiño? De impresión. Ocupa unha superficie de aproximadamente unhas 900 hectáreas, se estima a súa idade en máis de 2400 anos (ainda que podería ser ata tres veces máis vello), e se calcula que o seu peso, se fose posible desenterrar todo o complexo micelial do fungo, sería dunhas 600 toneladas.
Pero... ¿cómo saben que todo o micelio pertence a un mismo individuo ou organismo? O ADN non minte, que diría Grissom de CSI. Tomando mostras do fungo en distintos árbores infectados por toda a zona e facendo comparacións de ADN entre éstas, se acotou a zona e tamano ocupado polo noso parásito amigo.
Se cree que pode haber fungos "maiores" todavía en zonas boscosas pouco estudadas. Así que haberá que estar atento a próximos publicacións que estamos seguros irán deixando estas marcas atrás. Nós, dende refungando, estaremos atentos a calqueira nova neste sentido.
Sen maís, esperando que tiverades un feliz Solsticio de Inverno, vémonos en Oregón; Refungando of course!
¿Cal é o organismo vivo máis grande do planeta?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario