Xa pasou a romería. O primeiro, graciñas a todos os que nos visitástedes nalgún dos actos organizados, que tiveron gran alfuencia de público a pesar do inclemente tempo (a min encántame!) que nos tocou a partires do sábado ó mediodía. Graciñas tamén por suposto á Asociación Altofalante, que organizaron unha degustación nos muiños digna de degustar, tanto polo marco incomparable, como polos deliciosos pratos que puidemos catar. Dúas cousas me marcaron ben en Amendo, unha, o croque que levín contra unha das vigas de carballo, e oitra, esa incrible e quentiña sopa de cogomelos ca que se abreu lume alí dentro. Simplemente espectacular.
Como vedes arriba, na primeira charla da mañá, e a pesar de que o tempo non prometía, Alejandro Mínguez encheu o salón do CIELGA no Vilar. Había lejañas, bostezos, si, pero tamén peito para estar todos á súa hora (enviamos un saúdo especial ós "visitantes" de Noia; elas sí que lle botaron ganas!). Gracias tamén Alejandro, que cunha boda ese mesmo día aínda estirou a charla un pouquiño máis do pensado ante as dúbidas dos presentes.
Na recollida non houbo gran cantidadde de cogomelos comestibles, pero sí sorprendente variedade para finais de Novembro. E ata atopamos algunha cousiña interesante que chamou pola tarde atención de Jaime Blanco (para os que saístedes comigo, o home do pantalón vermello que doe mirar, aqueles cantarelos brancos que nos atopamos).
Pena de fotos do muiño, as presas e os bandullos baldeiros fixéronos deixar a cámara na casa, pero como andaba por alí un home da Voz de Galicia, a ver si son bós e nos mandan algunha para colgar, porque o lugar non ten desperdicio.
Pola tarde, treboada do demo. Aínda así, novamente, Jaime Blanco e os seus boletus volveron a encher, esta vez, a Aula Multimedia do concello. A pesar das continuas interrupcións por causa dos apagóns, Jaime dou un ameno e interesantísimo repaso á familia en cuestión, donde puidemos ademáis ver por vez primeira a Boletus Atlánticus, un boletus recentemente descuberto por Jaime e que resulta que é de Ajiño (polo que algúns xa adiantan a súa peligrosidade ;D ). En serio, todos aprendemos un pouco, ou un moito mellor dito, desta familia de cogomelos tan representativa e coñecida. Graciñas polos teus consellos, Jaime.
O domingo só nos quedaba xa a exposición. A verdade e que foi unha mañán de cans. Preto de 50 especies identificadas e unha presentación coidada, fixeron as delicias de nenos e maiores.
Por último, quería deixarvos a foto de, para min, o cogomelo máis fermoso da exposición. Phaeolus Schweinitzii, ese é o seu nome; este é un cogomelo con unha morfoloxía que cambia moito ó longo da súa vida. Este exemplar era mozo, enchoupado e marron escuro debido á auga o día anterior e deslumbrante e amarelo logo de perder tanta humidade o día da exposición. O pequeno toxo é unha mostra de como ó crecer este cogomelo incorpora á súa estructura vexetación diversa. Podedes facer click coma sempre para ampliar. As manchas máis escuras son debido ó sobeteo inevitable. Aquí vos queda a foto desta curiosa beleza como despedida hoxe.
Graciñas de novo a todolos amigos que nos acompañaron, de parte de todo Refungando, e sorte no monte!!
Resumo Xornadas na Novena
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario