Polizón no camión!


Ou deberíamos dicir: "polizóns no camión". Nunha mostra de adaptación ó medio dun fungo sorprendente, pola localización e polo fungo colonizador, imos ver como as gastan para viaxar sen pagar un peso os cogomelos protagonistas da historia de hoxe. Pero vaiamos por partes.  Esta historia  chéganos da man dun bo amigo que me envía unha foto ó móvil. Manda carallo me digo mentras chamo de volta, ¿iso é o que parece? "Por todo o camión", me di.  Nin corto nin perezoso me dirixo ó concesionario donde traballa, no taller do cal se atopa para unha posta a punto o camión en cuestión. Efectivamente, os baixos do camión estaban cheos de cogomelos, aquí e alá, dónde os pequenos buratos dalgún tornillo permitían as fructificacións do fungo sair e medrar buscando a luz e o aire. Na foto de arriba podedes ver un dos cogomelos aflorando moi preto do intermitente traseiro..  

 
Á dereita tedes unha vista lateral do camión na que se aprecian diferentes fructificacións sinaladas en verde.

Claro, a dúbida sobre qué cogomelo era o responsable estaba no aire, pero no taller algún tiña as súas sospeitas que logo confirmamos: Pleurotus Ostreatus, nada máis e nada menos. O cogomelo do supermercado que vemos sempre acompañando ó amigo champiñón; a seta de ostra. Pero, ¿cómo chegou ahí? E, ¿de qué se alimenta? A cuestión e que este fungo é saprófito (aínda que ás veces se comporte como parásito), aliméntase de materia orgánica vexetal, madeira principalmente, morta. Logo, debería haber unha plancha de madeira ou algo parecido entre o chan do camión, o material aillante e o chan do interior; como confirmou algún dos mecánicos, isto soe ser frecuente nestes camións, así que a cuestión do sustrato alimenticio estaba clara. 


Pero, ¿como chegou? O camión non se adicaba a transportar cogomelos, que sería o maís lóxico se queremos explicar a súa presencia, se non bolería industrial así que... ¿quen carallo sabe? O camión pudo estar preto doutro no momento dunha descarga de cogomelos ou habelos transportado nalgún outro momento de forma puntual. O que é seguro e que tivo que ser xa fai algún tempo, pois os cogomelos aparecían en ambas bandas do camión, o que indica que o fungo está xa estendido por toda a chapa de madeira do chan.

Deixamos un par de fotos máis para que vexades como se desenvolveron os cogomelos neste ambiente tan pouco favorable. Os furados polos que emerxían eran de apenas uns milímetros e ó intentar medrar hacia arriba os cogomelos quedaban co sombreiro plano e pegado ó fondo do camión. En fin, que está claro que cando non  queden homes  na terra, as cascudas e os fungos farán boas migas e se reirán a gusto de nós. 

Antes de irnos, quixera enviar un saúdo e unha aperta a Fran e ós currantes do taller. Vos xa sabedes quen sodes! Graciñas a todos. Refungando nos vemos... debaixo dos coches.

Próximamente... máis cogomelos medrando en lugares incribles; só en Refungando!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails