Sinónimo: Cantharellus Aurora, Cantharellus Xanthopus
Galego: Trompeta amarela, trompeta dourada
Castelán: Rebozuelo anaranjado
Estamos nunha época do ano na que o monte respira un pouco e se deixan de ver xentes con cestos (ou bolsas, ejem) por todas partes, pero isto non quere dicir que os nosos amigos marchen de vacacións. Baixan as temperaturas e iso non lle agrada demasiado ós fungos, aínda así, un bo puñado deles resisten as noites máis frías e enchen o monte dende decembro ata febreiro, segundo veña o inverno. O protagonista desta entrada é un clásico desta época, moi abundante na nosa zona, un delicioso cogomelo da familia Cantharellaceae e un versátil ingrediente na cociña. Estamos falando de Cantharellus Lutescens, ese cogomelo de pequenas dimensións que ocupa grandes extensións, fácil de recoñecer, e sen posibles confusións perigosas á vista. Preparade as texoiras, facede un sitiño na cesta que imos a coñecer de preto a este fillo do frío... A clickar abaixo con ese rato lo!!
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 2-6 cm de diámetro. Ó principio aplanado e finalmente con forma de embudo cun burato central que ás veces comunica con interior do pé. Cutícula cuberta de pequenas fibrilas de cor marrón máis ou menos escura (a humidade e o tempo inflúen moito no aspecto xeral a simple vista, arriba na imaxe húmidos e novos dun color marrón maís evidente, ó lado, en tempo frío e seco dun aspecto abrancuxado e de cores pouco vivas) sobre fondo amarelado. Todo o conxunto é moi flexible pero fráxil. Marxe encurvada, ondulada, moi fina e irregular.
Himenio: Formado por pregamentos decorrentes, moi pouco marcados e irregulares, ás veces lisos ou apenas perceptibles (ista é unha das diferencias clave á hora de diferencialo, por exemplo, de Cantharellus Tubaeformis como veremos logo). De cor amarelada ou amarela alaranxada e agrisada na madurez.
Pé: 3-9 x 0, 3-1,3 cm. Cilíndrico, ás veces comprimido ou lonxitudinalmente acanalado (sutilmente, fixádevos no pé do primeiro cogomelo arrancado, que parece coma fundido), liso, delgado, oco, recto ou curvado. Cor parecida á á do himenio ou máis amarelada, ás veces rosada.
Carne: Delgada e moi fráxil principalmente no sombreiro, máis dura e algo fibrosa no pé. Raramente se averma, como Cantharellus Cibarius. Olor afroitado forte e penetrante (que se intensifica se o desecamos) e sabor suave e algo doce.
Hábitat: medra en bosques de coníferas de terreos calcarios, máis raro baixo frondosas, en lugares frescos e ricos en brión. Desde o outono ata ben avanzado o inverno. Por aquí na costa soe tardar un pouco máis en chegar, normalmente en decembro, aínda que este ano se adiantou coma mes e medio. Un cogomelo clásico do inverno que aguanta o tempo máis frío. Case sempre en grupos moi numerosos, chegando a "tapizar" extensións de terreo bastante grandes en anos bos coma os dous últimos. Na imaxe podedes ver unha parte do chan ben colonizada, pero iso non é nada comparado cas cousas que se ven polo monte adiante. Moi común nos nosos piñeirais, sobre todo preto da costa.
Observacións: As posibles confusións non deberan entranar ningún risco ó recolectalo; Cantharellus Melanoxeros (qu é moi pouco frecuente) e case sempre Cantharellus Tubaeformis (na imaxe da esquerda) son primos moi cercanos e se parecen bastante a simple vista, sen embargo se van xuntos dentro da cesta misturados con Lutescens, ata o menos avezado notaría que algo raro pasa con eses cogomelos. Se parecen, pero non son. Tubaeformis ten uns pregamentos moi evidentes no himenio e é máis robusto e grande, con unhas tonalidades marrón-olivas no pé que o diferencian ben do Lutescens.
Na recolleita, este é un cogomelo que lle ocorre algo parecido ó de Marasmius Oreades. A estructura do seu pé, fráxil e fina, e o pouco arraigado que está no chan do monte, fai que cando pasamos a navalla, a menos que está moi afiada, arranquemos os cogomelos e danemos o mantillo sobre o que se asentan. Oitra vez, unhas texoiras a man poden ser providenciais, pois ó ser un cogomelo de carne tan escasa e pequeno, a súa recolección faise tediosa e traballosa.
Por último, e respecto ó seu valor culinario, creo que poucos porán en dúbida que Cantharellus Lutescens é un excelente compañeiro na cociña, aromático, doce, saboroso, que se presta a platos e postres de todo tipo ou incluso como ingrediente dun bo licor.
Como curiosidade, comentar que existe unha fermosa variedade albina de Cantharellus Lutescens, Cantharellus Lutescens f. Schizocroica pero moito máis difícil de atopar.
Agora só queda subir ó monte e non deixalo feito un cristo, algo moi común nos amantes deste cogomelo, polas dificultades que comentamos antes da recolección. Andade con coidadiño, sede previsores e levade unhas texoiras se tedes en mente recollelo!!
Volve a casa por Navidade: Cantharellus Lutescens
Etiquetas:
Cantharellus,
Cantharellus Aurora,
Cantharellus Lutescens
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario