Alá por maio escribiamos un artigo sobre o cultivo de cogomelos. Para os que non tivestes oportunidade de leelo aquí tedes o enlace:
Cogomelos no teu Xardín. Prometiamos tervos informados de como nos ía coa experiencia así que, ¿que foi do noso tronco en todo este tempo? Pois, sobre todo en verán, houbo que facerlle un par de visitas á semana para humedecelo e comprobar o progreso, que ó principio era inapreciable. Baixo o plástico de invernadeiro, iba fervendo o pucheiro ben a modiño. Por aquí e por alá comezamos a ver os esperados fíos brancos, as hifas do fungo que comezaba a medrar e a merendarse o noso bouquet de chopo, pero non queriamos botar as campanas o voo. Podería ser outro fungo que infectara o tronco ou que xa viñera con él. Pero as dudas se disiparon fará unhas semanas cando a infección na madeira era patente e evidente (recordemos que Pleurotus Eryngii é saprófito, se alimenta de madeira en descomposición, ainda que en estado salvaxe soe aparecer asociado ás raíces mortas de cardo, de ahí o nome "Seta de Cardo"). ¿Miramos á cara a Pleurotus Eryngii? Veña lo!!
Na primeira e segunda das imaxes (facede click nelas para velas en grande) podedes ver dous dos puntos de inserción dos pellets e como o fungo está medrando hacia fora e expandíndose en todas direccións seguindo a superficie do tronco. As hifas, o micelio, o noso amigo, é clara e maravillosamente visible. Na terceira podedes ver unha imaxe doutra zona do tronco sen pellets e que xa se atopa "colonizada". Como vedes a cousa pinta moi ben.

Na última imaxe podedes ver a zona do tronco nunha vista xeral, ainda que bastante desenfocada (estos días de menos horas e nubes non hay luz para as fotos nin a patadas), pero que servirá igualmente para que vexades coma o fungo se extendeu polo noso tronco a gusto cal arbusto.
A partir de gora haberá que mimar aínda máis o noso cultivo, pasarnos máis a miudo, e levar control fotográfico dos cambios que se vaian operando. Xa sabedes que vos teremos informados de como vai o conto, así que , como a nos, tócavos esperar a ver que pasa e esperar polos primeiros Pleurotus Eryngii. Un saúdo a todos. Hai que sair ó monte, a refungar un pouquiño...
Ler máis...