Hoxe queremos compartir con vos unha maneira de achegarse ós cogomelos maís de preto e que segue a filosofía da famosa frase feita de Mahoma e a dichosa montaña. Nos, como afecionados a este mundo, seguimos o principio de ir nós á montaña, pero, ¿e se podemos facer coma o profeta e traer a montaña ata a nós? Pois diso falamos amigos, de cultivar cogomelos, como as Lentinus Edodes (Shii-Take) en pleno apoxeo que podedes ver na imaxe da esquerda nun tronco inoculado.
E dirás, ¡oh, my god! ¿Podo eu facer iso? Yes, you can. Hoxe en día existen varias maneiras de cultivar cogomelos e disfrutar de todo o proceso na túa casa ó tempo que o número de especies dispoñibles cultivables é cada vez maior. Así que...
¿Que especies se poden cultivar?
Un pequeno apunte: hay algunhas especies de cogomelos que manteñen unha relación simbionte con unha especie vexetal en particular, árbores polo xeral, chamada micorriza. Esto supón que ámbolos dous organismos se benefician desta unión intercambiando nutrintes a través das raíces e o micelio, que están interconectados. Esta relación indivisible provoca que para o cultivo destas especies de fungos sexa indispensable a árbore asociada. Pertencen a este grupo os boletales, níscalos, as trufas, etc... Polo tanto non vamos a falar deste tipo de cultivos, senón dos de fungos saprófitos, que se desenvolven sobre materia orgánica en descomposición (madeira, humus...) o que fai máis sinxelo o seu cultivo.As especies que se poden cultivar hoxe en día son numerosas, deixovos un listado de algunhas das máis interesantes:
- Agaricus Bisporus (champiñón do supermercado de toda a vida)
- Agrocybe Aegerita (a seta de chopo)
- Pleurotus Ostreatus (seta de ostra)
- Pleurotus Djamor
- Pleurotus Cornucopiae
- Pleurotus Eryngii (seta de cardo)
- Coprinus Comatus
- Lepista Nuda
- Lentinus Edodes (Shii-take)
- Volvariella Volvácea
- Auricularia Auricula-Judae (Orella de Judas)
Segue lendo o artigo, pincha abaixo!
¿E cómo vai o choio lo?


Cos pellets no noso poder xa só nos fai falla a madeira. Nas



Asi que, xa vos contaremos de aquí alá, agora só nos queda esperar e botar un ollo de cando en cando ó noso "amigo", procurando sobre todo que no verán que se manteña sempre húmido.
Oitro día prometemos amosarvos os sacos productores!
"...ainda que o tronco utilizado supera un "pouco" estas medidas."
ResponderEliminarA min mo vas contar....