Galego: Amanita de viño
Castelán: Amanita rojiza, amanita vinosa
O outro día nos atopamos a primeira Rubescens da primavera, xa pasada, unha pena, e eso me fixo recordar un comentario acerca deste cogomelo de Germán nesta web. A verdade e que non é un cogomelo moi recolectado; bo para algúns, excelente para oitros, está marcado pola familia á que pertence: é unha Amanita. Para moitos con iso queda dito todo, a asociación ca toxicidade é inmediata... e non lles falta razón. Así que deixemos as cousas claras: Amanita Rubescens é tóxica... en crú (o igual que oitras Amanitas, ou outros cogomelos moi apreciados como Morchella Conica ou Morchella Esculenta).
Esta especie posúe hemolisinas, que destrúen os glóbulos vermellos, sustancias que se evaporan ca calor (a máis de 65º) e que poden provocarnos anemias severas. Polo tanto, as compoñentes toxicas se elimina cociñando ben os cogomelos. Máis perigoso que a súa toxicidade, que se pode evitar fácilmente, parécenos a súa posible confusión con oitras amanitas, especialmente con Amanita Pantherina, polo cal non recomendamos a súa recolección a seteiros neófitos neste mundo. É importante coñecer ben ámbalas dúas co fin de diferencialas con seguridade. Se ben dous exemplares tipo de ámbalas dúas especies son evidentemente diferenciables, en determiñadas condicións estes dous cogomelos poden confundirse fácilmente. A carácterística máis destacable son os tons avermellados da cor do viño tinto que lle valen o nome, e que presenta en sombreiro, pé e nas feridas da carne e lamelas. Vamos a dar unha descripción detallada, extraída como non do imprescindible manual que é Cogomelos de Galicia...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 5-15 cm de diámetro, ás veces máis grande. Ao principio hemisférico, máis tarde convexo e por último estendido. Inicialmente pardo ocráceo, logo pardo avermellado e máis raramente parado amarelado ou grisáceo. Cutícula separable, fina, brillante e con placas pequenas grises ou rosadas. Marxe lisa, incurvada na madurez.
Lamelas: Libres, densas, brandas, brancas, avermelladas nas feridas ou coa idade (ó estilo dos Lactarius Deliciosus, por exemplo, que averdecen). Aresta lixeiramente subflocosa e concolora.
Pé: 8-5 X 1,5-2,5 cm. Cilíndrico, robusto, engrosado cara á base, pruinoso, cheo e oco ca idade. Grisáceo, branco ou rosa. Bulbo napiforme característico con volva marxinada, friable, e de cor vermella do viño tinto. Anela branco e pardo avermellado, estriado e decorado con pequenos restos do veo universal.
Carne: Espesa e abundante, branda, branca, avermellada baixo a cutícula e arroibándose lentament ó corte ou nas feridas. Sen olor particular e inicialmente de sabor doce, pero amarga pouco despois.
Hábitat: En sólos ácidos ou lixeiramente básicos de bosques de follas e de coníferas. Primavera, outono e inverno. En solitario ou en grupos moi numerosos. É moi frecuente na zona do Barbanza.
Confusións: A confusión con Amanita Pantherina, moi tóxica e potencialmente mortal, é posible é pois unha seta moi perigosa. A variedade de tons que presenta Amanita Rubescens fai que en determinadas ocasións presente tonalidades moi parecidas ás de Pantherina. A coloración de pantherina presenta diversas tonalidades de pardo, desde o pardo oliváceo ao pardo grisáceo ou moi claro. Amanita Pantherina nunca presentará sen embargo as coloracións e tons avermellados (como de viño tinto) que presenta Rubescens ás veces de forma moi sutil. As escamas de Pantherina son así mesmo brancas, mentres que Rubescens nos deleita con distintos tons que van do gris clariño ó rosado. O pé de Pantherina é branco, máis delgado e esvelto en contraste co pé robusto e manchado dos característicos tons viñosos sobre todo cerca da base do pé. Os tons tamén arroibados das lamelas e nas feridas da carne de Rubescens son tamén bos indicativos para diferenciar ambas especies. Outra cousa máis que as diferencia: o anel. Na Rubescens o anel presenta unha estrías verticais paralelas (coma o tecido dos calcetíns!) que lle da un aspecto fermoso de saia (ben visibles en ámbalas dúas fotos do artigo, se pinchades para agrandar).
Abaixo tendes dúas fotos para que comparedes características. Tentamos buscar imaxes nas que se apreciaran exemplares de ambas en diferentes estadios de desenvolvemento, e creo que o conseguimos, vos diredes! Á esquerda, Amanita Rubescens; á dereita, Amanita Pantherina...
Poden existir oitras confusións, pero non tan graves, con Amanita Aspera ou Amanita Spissa, ainda que son máis raras de atopar. En todo caso, se no sodes capaces de recoñecer e identificar cada un dos rasgos distintivos de Rubescens, ante a máis mínima dúbida, deixádea no monte. O mellor que podedes facer se queredes aprender a recoñecer este cogomelo e ver in situ cada un destes rasgos de mans de alguén que a coñeza ben.VS
NOTA: Existe unha variante de Amanita Rubescens, Amanita Rubescens var. Annulosulphurea. É moi semellante á especie tipo, pero esta é moito máis robusta, de maior tamano e ten o anel de cor branca mentres que Annulosulphurea teno amarelado. Atópase ás veces pola nosa zona. Tamén confundible con Pantherina e tóxica en crú.
Precaución con Amanita Rubescens
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi ben esplicadiño todo ;)
ResponderEliminar