Wellcome Mr. Virescens!

Galego: Fungo dos Cregos
Castelán: Gorro Verde, Seta de Cura

Xa comentábamos ahí atrás que con un pouco de calor, e estas chuvias, non había tardar en aparecer a primeira Russula Virescens da tempada. Nos últimos días as temperaturas de máis de 20 graos e a humidade das chuvias pasadas obraron esta milagre de finais de primavera e verán. Seta de crego, seta de cura; coma no caso da Amanita Caesarea o nome popular fai referencia a exclusividade e estatus dos que antano se beneficiaban destes manxares por telos en alta estima. Así que podemos facernos unha idea das cualidades culinarias deste cogomelo, xa que non existen probas históricas nin documentos que atestigüen de cura algún que pasara fame, ou mal comera, e menos en terras galegas. A verdade e que é un cogomelo excelente na cociña, a mellor das Rússulas sen dúbida e a altura doutros cogomelos máis populares e coñecidos.

Pasamos a coñecela máis a fondo, pincha abaixo para leer máis...



Russula Virescens é pouco común en toda Galicia, e nestos lares por ende, sobre todo si temos en conta a comparación de número con outras russulas que se dan por aquí, sen embargo é abundante nos sitios que habita, crecendo frecuentemente en grupos numerosos.

Estamos ante unha supervivinte, amante da calor como poucas (ningunha???), que aparece no medio do verán despois de que caian catro gotas e nos días máis inverosímiles de calor duro, deste que doe. Virescens asoma, entre a terra reseca (de ahí que presente moitas veces o sombreiro roto, pois se parte ó crecer e romper o terreo pra sair), e medra soreprendentemente rápido (recoméndovos facer a proba e, si vos topades con algunha, sobre todo si é pequena, tentade volver o seguinte día). En tres días pode ter percorrido todo o seu ciclo dende que asoma entre a terra ata que alcanza o grao máximo de madurez.
Como non, como a maioría de cogomelos comestibles, é moi a miudo atacada de cedo por bichos, non tanto vermes como lesmas e caramechas, que soen dar boa conta de elas. Abaixo podedes ver dúas fotos da mesma Virescens. Na primeira apreciamos ben a forma do pé e as grietas no sombreiro froito da calor. Na segunda, a boa conta que del deron as lesmas.



¿Botamos unha ollada á descripción de Cogomelos de Galicia? Veña lo...

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-14 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e por último plano convexo e algo deprimido. De cor abrancazada, aínda que son máis comúns os tons verdes (e tamén cremas ou ocres), máis ou menos intensos, co centro máis escuro. Cutícula pouco separable, aveludada, seca e mate. Acostuma agretarse en pequenas placas (un rasgo moi carácterístico, case sempre de ese verdoso carácterístico de Virescens) deixando ver o fondo branco cremoso. Marxe incurvada, delgada, ondulada e lobulada.

Lamelas: Adnadas ou case libres, desiguais, estreitas, grosas, fráxiles e non moi apertadas. Brancas ou branco cremosas. Aresta enteira e concolor.

Pé: 2-10 x 1,5-5cm. Cilíndrico, atenuado na base, groso, irregular e un pouco rugoso, cheo e axiña oco. Branco puro e ás veces con manchas rosadas.

Carne: compacta, firme, pero na madurez fráxil e atacada polas larvas. De cor Branca. Olor afroitado e agradable. Sabor doce e para algúns como a noz.
Hábitat: Sobre solos areosos e secos de bosques de frondosas, rara baixo coníferas, e en lugares herbáceos e camiños de bosques. Verán e outono. En solitario ou gregaria. Pouco común.

Confusións: a cutícula escamada de tons verdes é unha carácterística que fai bastante identificable este cogomelo, ainda sí, en determinadas condicións como xa temos visto as cousas poden non estar moi claras; co cogomelo novo e as escamas aínda non marcadas, pódese confundir con outras especies de russulas con tons verdes tamén no sombreiro como Russula Aeruginea (sombreiro liso, sen cuartexar) ou Russula Heterophylla (co sombreiro surcado por fibrilas radias escuras), aínda que ambas son comestibles e a confusión non nos acarrexaría problemas. Máis rara (tería a cousa narices) sería a confusión con algunha amanita de tons tamén parecidos, como Phalloides sen ir máis lonxe, pero parécenos harto improbable. En todo caso, xa sabedes, precausión amigo conductor...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails