Coñece o teu inimigo...

... e coñécete a ti mesmo; en cen batallas, xamáis serás derrotado.
(Sun Tzu, El Arte de la Guerra)


Vamos a presentar a un clásico no mundo dos fungos, unha das setas responsable de maior número de intoxicacións no mundo cada ano, unha amanita (unha de elas) que a todo afeccionado debe recoñecer. Como non, damas e cabaleiros, con todos vostedes, AMANITA PHALLOIDES (alias oronja verde, cacaforra, cicuta verde)!
Debemos ter en conta que nos atopamos ante unha seta moi tóxica, a inxestión de un só exemplar pode producir a morte du adulto e que é moi abundante por estos lares, polo que aprender a diferenciala é básico. A continuación deixamos unha descripción completa desta seta, que afortunadamente é bastante sinxela de diferenciar cun exame superficial.

Descripción
(parcialmente extraida do libro Cogomelos de Galicia de J.M.C. Marcote, M. Pose e J.M Traba):

  • Sombreiro: 6-15 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde cónico convexo e por último plano convexo. Cor verde oliva, verde amarelada. Cutícula separable, lisa e brillante, algo viscosa coa humidade e con finas fibrilas radiais escuras ou mouras. Ás veces presenta restos de veo en forma de placas máis ou menos grandes. Marxe incurvada, lisa e fina.
  • Lamelas: Libre, apertadas e ventrudas. Brancas e ás veces con reflexos verdosos. Aresta subflocosa e concolora.
  • : 8-20 x 1-2 cm. Cilíndrico, delgado, máis delgado cara arriba, liso e oco coa idade. Branco ou verde amarelado, sucado por sutís fibrilas dispostas en zig, zag. Base bulbosa rodeada por unha volva membranosa, ancha, en forma de saco e branca. Anel branco, amplo e fráxil, estriado pola parte superior.
  • Carne: Consistente, branca, amarelada baixo a cutícula. Primeiro inodora, máis tarde con olor a mel e na madurez bastante desagradable, sabor doce.
E recordade que ante a duda, sempre debemos rexeitar a seta. Ou ben lla levamos alguén que a poida identificar con seguridade ou lle sacades unha foto para posteriores discusións. Se a pesar de estas advertencias, facedes coma este individuo (pincha no enlace!), non poderedes decir que non estábades avisados! Despois andades pola porta das casas a pedir un fíjado novo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails