Fungo de fungos: Hypomyces Lateritius


Van xa tres tempoadas que me levo atopando con este curioso fungo cada ano, pero non foi ata ben pouco que dín ca solución ás miñas dúbidas acerca del. O caso e que de cando en cando me atopaba (fai un par de semanas sen ir máis lonxe) con algún lactarius deliciosus (níscalo) que non se axeitaba á descripción tipo da especie. Aparecía sempre entre outros níscalos, pero a súa forma era moito máis irregular e "grotesca", co sombreiro e pé adoptando caprichosas deformidades; o máis curioso era que non tiña lamelas, ou estas estaban atrofiadas de maneira que o himenio recordaba vagamente a cantharellus cibarius (cantarelo), só que estaba cuberto por unha sorte de costra blanca de aspecto mofoso. Polo demáis, posuía todolos caracteres de lactarius deliciosus.
A cuestión era entón, ¿estaba ante algún tipo de lactarius que descoñecía, ou ben algún tipo de fungo parasitaba a lactarius deliciosus? A solución habíaseme de presentar ó encontrar por casualidade a foto dun destes níscalos nunha páxina micolóxica. Hypomyces Lateritius parasitaba aquel níscalo. Este fungo ataca o himenio do níscalo, provocando a desaparición das lamelas do fungo parasitado e creándolle irregularidades no crecemento, provocando que a carne tome una coloración blanquecina e unha consistencia máis dura, perdendo o seu aspecto máis típico.
A pesar do seu aspecto máis ben pouco apetitoso,
Hypomyces Lateritius é prácticamente inocuo para o fungo parasitado o que fai estes níscalos comestibles como calquera outro. De feito, en Cataluña se lle coñece ó níscalo parasitado como "nai do robellón" ou "robellona" e considérase que o sabor do níscalo se ve potenciado pola parasitación, facendo destes níscalos unha pequena xoia culinaria para os amantes dos lactarius (de feito, non só parasita lactarius deliciosus, senón outros membros da familia como lactarius sanguifluus).

Xa vos contaremos de primeira man que tal
está de sabrosa a cousa!

6 comentarios:

  1. É un cogomelo esquisito, se non esta xa algo pasado, acostuma ter ocos que son usados por insectos, polo cual convén ollá-lo moi ben o mellor é rompé-lo a pedazos cos dedos sempre rompe polo mas débil e estes son os ocos.
    Para facer empanadas é o mejo.
    Pero ollo co dito.
    “ Ollo á mexada, si fungos da muña, van na empanada”
    Crisrule

    ResponderEliminar
  2. Hola Crisrule, un bo apunte o dos bichos. A verdade é que o carpóforo chega a retorcerse de deformarse tanto, que forma tal cantidade de recovecos que aproveita todo bicho canto hai.

    Me apunto o da empanada e o dito, que non coñecía!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. mira este enlaze e encontraras mas ditos.
    http://cogomelosefloradevaldeorras.blogspot.com/2010/04/ditos-e-refrans.html
    saudos
    Crisrule

    ResponderEliminar
  4. Mira
    http://www.cirp.es/pub/docs/cfg04_10.pdf

    ResponderEliminar
  5. Moi interesante, gran traballo de documentación compañeiro. ¿Que te parece se o publicamos aquí en Refungando para que o vexan todos?

    Si te parece ben escríbenos a refungando@gmail.com.

    Un saudo e graciñas!

    ResponderEliminar
  6. Espalla boa semente, e nunca lle poñas cancelas.
    Colgao cando queiras
    Crisrl

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails