Castelán: Rebozuelo, cabrilla
Galego: Cantarelo/a, pan de cabra
Un dos cogomelos máis fácilmente identificables para o seteiro principiante e sin dúbida Cantharellus Cibarius. Por iso, por ser un dos cogomelos máis apreciados e sabrosos, e porque segue estando por estas datas presente nos nosos montes, imos a adicarlle unhas liñas a un dos cogomelos preferidos de todos.
Existen oitros membros da familia Cantharellaceae interesantes na nosa comunidade (Cantharellus Lutescens, Craterellus Cornucopioides) e variantes de cibarius (var. bicolor, var. ferruginascens...), todos eles bos comestibles, pero centrarémonos no cibarius por ser o máis coñecido e dos máis abundantes. Os demáis merecen xa de por sí sós un artigo aparte (que chegará!).
Pincha no seguinte enlace para ver o artigo completo...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 2-10 cm de diámetro. Primeiro convexo, máis tarde plano convexo e por último deprimido, algunhas veces con forma de embudo. Presenta unha ampla gama de tons amarelos que van do xema de ovo aou amarelo alaranxada ou amarelo pálido, incluso existen variantes moi pálidas, case brancas ou brancas. Cutícula doadamente separable, lisa e seca. Marxe delgada, frecuentemente ondulada e incurvada de nova.
Himenio: Formada por pregamentos decorrentes (aspecto de veas, en lugar de lamelas; podedes facer click na imaxe do lado para velas en detalle), marcados, grosos e sinuosos que se bifurcan en direccións aleatorias. De cor idéntica á cutícula.
Pé: 2-8 X 1-2 cm. Cilíndrico, cheo, liso, ás veces curto e robusto e outras delgado e esvelto, puntiagudo na base. Parece unha continuación do propio sombreiro co que comparte coloración.
Carne: Compacta, grosa e fibrosa, abrancazada ou amarelada, avermellando nas feridas. Raramente é atacada por lesmas e case nunca se averma (xa podían aprender os boletos!).
Olor a albaricoque e sabor doce.
Hábitat: entre a carniza e a follaxe de bosque de frondosas e coníferas. En todas as estacións se se dan boas condicións aunque é máis frecuente durante outono.
Confusións: a confusión máis común de este cogomelo (se non temos en conta as súas variantes) dase quizáis con Hygrophoropsis Aurantiaca (ó que se lle atribuen propiedades laxantes). A confusión é comprensible polo parecido a simple vista, ata que recollemos un destes cogomelos en reparamos en que este sí ten lamelas ademáis de ter unha carne máis frouxa, menos compacta ca de Cibarius. É polo tanto unha confusión fácil de evitar con examinar o himenio do cogomelo. Deixamos unha imaxe para que comparedes...
Presentando Cantharellus Cibarius
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario