Galego: sendeiriña
Castelán: senderuela, carrerilla
Parafraseando á nena de Poltergeist: "Xa están aquíiiiii...". Despois destas chuvias, xa me estaba a tardar un dos nosos visitantes desta época, un excelente cogomelo, aromático como poucos, e un pouco descoñecido na zona. Estamos a falar de Marasmius Oreades. Aínda que hay xa unha semana que nos atopamos con dous exemplares de Boletus Pinophilus, deixaremos os boletales para máis adiante, por seren ademáis máis coñecidos entre os afecionados. Imos aló...
Amiga de pastos herbosos, xardíns e camiños (de ahí o nome de sendeiriña, de feito os sitios que conozco pola zona son sendos camiños) Marasmius Oreades é unha seta de pouco tamano, escasa carne (o pé ademaís non se cociña, é correoso e fibroso abondo) e un gran olor. Ideal para secar, o cal potencia o delicioso aroma de Marasmius e nos permite conservala longo tempo. Ahí vos vai unha detallada descripción, extraída e comentada, do libro "Cogomelos de Galicia"...
DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 2-6 cm de diámetro. Convexo ao principio, logo algo campanulado, máis tarde estendido e case sempre cun lixeiro mamelón no centro (aspecto como de magdalena). Cor ocre a carne-apardazada, máis pálida cara á marxe en tempo seco. Superficia lisa, mate e higrófana (esta é unha característica importante e fai referencia a que a cor do sombreiro cambia segundo o grao de humidade do mesmo; fixádevos como esta característica se aprecia perfectamente na foto da esquerda) . Marxe delgada, non estriada e algo acanalada.
Lamelas: grosas, espaciadas, libres, máis ou menos separadas do pé e con lamélulas (as lamelas pequenas que non chegan hasta o pé, ben visibles na foto de abaixo). Abrancazadas e despois cor crema, algo máis claras co sombreiro. Aresta fimbriada e máis escura.
Pé: 4-6 X 0,3-0,6 cm. Cilíndrico, cheo, elástico e tenaz, de difícil rotura á torsión (ollo!, característica clave á hora de identificala). Concolor ao sombreiro ou máis claro. Superficie lisa e brillante, con restos miceliares na base.
Carne: Delgada e de consistencia elástica. Abrancazada ou ocre pálida. Olor aromático característico, ciánico ou de améndoas amargas, e sabor doce.
Hábitat: Crece formando círculos ou ringleiras, en prados e pasteiros, nos claros herbosos dos bosques, á beira dos camiños e incluso nos xardíns. Está con nós de primavera a outono.
Confusións: é un cogomelo difícil de confundir se temos presentes al lamelas, anchas espaciadas e cor crema, o olor agradable e o feito de qué o pé é de difícil rotura se o tentamos retorcer no seu eixo lonxitudinal, una característica que o diferencia de outras setas pequenas que nos poderían levar a confusión como Inocybes ou Clytocybes. En fin, se tedes alguén de man que vola poda identificar, millor que millor. Precausión amigo conductor!
Xa estan aquiiiii... Marasmius Oreades!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario