Visitantes de Primavera

Chove. Despois de moito tempo sen caer máis que catro gotas perdidas que apenas mollaban as pedras, a chuvia deste fin de semana prométenos ó fin ter algunha esperanza de atoparnos con algúns fantásticos cogomelos de tempada. Inda que co cambio climático, que non existe según o primo de Rajoi, os últimos anos micolóxicos andaron un pouco tolos, cas temperaturas das últimas semanas e un pouco de humidade esperamos atoparnos con algunha cousa interesante (na foto, exemplares de Calocybe Gambosa, seta de San Jorge).

¿Qué podemos esperar entón? Para isto poñemos aquí un artigo en PDF extraido da revista "Sabor de Aragón", que se centra nas setas de primavera da rexión. Os cogomelos descritos podemos atopalos na nosa comunidade sen problema, agás quizáis Hygrophorus Marzoulos, que non é tan abundante aquí. Así ademáis, botamos en falta algun cogomelo como Marasmius Oreades, Cantharellus Cibarius (que últimamente nos acompaña case que todo o ano) ou, se a tempada é boa e se adianta un pouco, Russula Virescens, esa deliciosa amante da calor. De todas as formas, pola calidade do artigo e os consellos de cociña e conservación, merece a pena.

Veremos cómo se dan as cousas... entre mentres, e para que vos vaidades poñendo ó día, ahí vai o artigo prometido para descargar. Xa iremos comentando cómo vai a tempada!

2 comentarios:

  1. Ben,antes de nada decir que son un afeccionadete,coñezo poucos tipos de setas,pero xa levo uns 11 ou 12 anos indo a elas,inda que de 3 anos para acá o teña un pouco olvidado.

    Nesta tempada a seta que máis teño colleito son os cibarius,lutescens e as setas de chopo (Agrocybe Aegerita),na curota teño visto algunha rubescens (non,nunca a comín,por si as moscas),coprinos,e algún que outro boleto (cos boletos xa me lio,me imaxino que sería o de pino),as senderuelas e seta de marzo creo que nunca as vin na miña vida,e a virescens e unha seta que non logro clasificala,as russulas confundoas moito tamén.

    Pero bueno,todo esto que digo foi de 5 ou 6 anos para atrás,agora está prácticamente todo arrasado (motivo polo que deixei un pouco de lado este mudillo),o único que nos queda e volver a buscar sitios novos.

    Veña,un saudo e a seguir adiante coa asociación.

    ResponderEliminar
  2. Hola Germán! Non teñas medo de Rubescens, o único peligro e confundila por descoñecemento con Amanita Pantherina pero son fáciles de diferenciar; o único e que teralas que facer un pouquiño máis na tixola para que se evaporen as sutancias tóxicas que contén. A mín paréceme unha seta moi rica. Por oitro lado na curota o máis probable é que atoparas Boletus Edulis, nunca vin por alí Boletus Pinophilus, que abonda moito menos por estos lares.
    Na nosa zona podes atopar Virescens e Marasmius, paro xa as has de coñecer un pouco e non abondan moito, sen embargo son ámbalas dúas auténtica ambrosía. Prometo subir información delas en canto me encontre as primeiras deste ano!

    Tes razón, todo está arrasado... esa é unha das razóns que nos animou a impulsar a asociación, a parte da recollida destructiva froito da actividade de moitos seteiros novos e desinformados. Ante a disyuntiva de quedar na casa a rabiar por ver todo ir ó carallo ou facer algo eu quedín co segundo.

    Cursillos, información, charlas, e un proxecto que empezamos a debuxar para crear unha carballeira micorrizada en Ribeira, do cal vos iremos informando na páxina. O monte non ten porque ser un segundo mar para os galegos.

    Bueno Germán, que me lio, para o que queiras, aquí estamos,

    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails