Pois parece ser que no río Rogue, en Oregón, a lo menos poderían se quixeran. Nunha proba máis de que o mundo dos fungos nunca deixa de sorprendernos, membros da Universidade de Oregón (pinchade para ir á páxina) anunciaban a principios do pasado ano o descubrimento dun fungo que ten como hábitat as frías correntes dos rápidos do mencionado río. Aínda que poidera parecer accidental nun primeiro momento (unha crecida do río, ou inundacións pasadas poderían haber cuberto de auga o cogomelo, ou ser éste saprófito e atoparse nun anaco de madeira arrastrado polo río... ), todo indica que a este cogomelo lle vai máis o submarinismo que ó defunto Cousteau, e que é este o seu hábitat, ou sexa, no leito do frío río baixo a auga, na que os investigadores poideron observar os carpóforos durante once semanas. As probas de ADN situaron a este novo fungo no xénero Psathyrella; o seu nome, como non podía se doitra maneira, Psathyrella Aquatica.
Ver para crer. Ata da gustiño mirar para a foto con esta calor infernal... A ver se volven as chuvias!
¿Comen as troitas cogomelos?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario