Recentemente, un amigo micólogo de Celanova se puxo en contacto con nós; a través dunha das súas páxinas web que me facilitaba puiden observar unhas fotos de Langermannia Gigantea que me deixaron realmente abraiado. Como nos conta o noso amigo Alejandro Mínguez, na zona de celanova é relativamente frecuente atoparse con exemplares de bos tamanos. Como testemuñas, chamamos a declarar ás fotos que nos enviou o compañeiro! (Podedes facer click nas fotos para amplialas)
Na primeira delas, Alejandro pousa con un demo de algo máis de 8 kg (algo maior incluso que a do video!, que non chegaba ós 8 kg), tomada no 95, se mal non lembro. O oitro exemplar xa ten un tamano máis "normaliño" (á dereita, abaixo podédelo ver en detalle).
Vouvos a deixar ademais os enlaces a dous blogs de Alejandro, nos que poderedes atopar variada e interesante información aparte de fermosas e curiosas imaxes relacionadas co mundo dos cogomelos. Pasen e vexan...
Imáxenes de Langermmania Gigantea dende Celanova
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Por se vos interesa, e queredes propoñer esta idea para Galicia (pensamos que é xenial) http://www.avozdetrasosmontes.com/noticias/index.php?action=getDetalhe&id=3926
ResponderEliminare hoxe tamén en Turismo de Galicia falan de setas e turismo: http://turismogalicia.blogspot.com/2009/09/turismo-micologico-galicia.html
Boas rapaces (Luís?)! A verdade e que en galicia xa hai funcionando varios parques micolóxicos, así a bote pronto o Parque Micolóxico do río Belelle (Ferrol)! A idea por suposto que xa nos ronda a cabeza, pero tempo... Por agora, e parece que vai con bo pé, temos o proxecto de crear unha carballeira micorrizada en Ribeira, que xa sería todo un avance. O problema son os terreos, claro. Moitos dos terreos que, por exemplo posúe o concello, son pouco "aptos" para estos menesteres, pero xa estamos a mirar. De feito, unha das mellores parcelas propiedade do concello está "ocupada" de forma ilegal polo circuito de motocross en San Alberto, pero xa falaremos disto...
ResponderEliminarOutra opción claro, é a doación dun particular... Imaxinádesvos a finca da condesa (no alto da Coenlleira) chea de carballos ata o Vilar? Dan gañas de asesinar a tódolos herdeiros! Non vai pasar, pero bonito é un rato.
En fin, graciñas polo aviso rapaces e un saudiño!! Dende aquí loitaremos por botar os eucaliptos dos nosos montes antes de que chegen os koalas!!
Hoxe saístedes na voz de Galicia,nunca está demáis un empuxonciño,a ver si hai sorte e isto vai adiante.
ResponderEliminarSaudos.