Cogomelos de Galicia no Ateneo Valle-Inclán!!!


Refungando se alía desta vez co Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (a parte de enrriba do Bar Plaza donde se dan charlas e que está chea de libros, para os desubicados) para poñer a disposición de todos un exemplar da nova edición do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" (click aquí para saber máis desta obra). Un manual actualizado, exhaustivo e limitado á nosa comunidade, imprescindible, en resumo, e que dende Refungando doamos a esta "irreductible aldea gala" da cultura e o coñecemento na Novena que é o Ateneo comandado dende a sombra por "Asuracentuchix" (unha aperta dende aquí ó galo máis galo).
Con esta iniciativa, calquera de vos, de dentro ou de fóra, se pode achegar ata alí para clarificar algunha dúbida (destas que xurden entre cañas, por exemplo), facer algunha consulta ó vir dunha xornada campestre, ou simplemente achegarse ó sempre sorprendente Reino Fungi a través das súas fermosas imaxes e completas descripcións. Non perdades a ocasión de achegarvos a botarlle un ollo!!

Dende Refungando vos mandamos un estival saúdo a todos os que nos seguides. ¿Está ben, ou non está ben este micolóxico verán que levamos? ¿Qué decides vos? Esperamos as vosas fotos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails