¡Trufas brancas en Sierra Nevada...! ¿Ou non?

ACTUALIZADO: Gracias ós amigos micólogos Cristovo Ruíz Leivas e Xosé María Costa polas súas imaxes de Astraeus hygrometricus (de agora en diante, Tuber serranevadensis) que nos enviaron para ilustrar millor o noso artigo.

Ajarrade os machos (as féminas asíduas á páxina, por favor, apretade o sostén, que veñen curvas). O vídeo que ides a ver hoxe é todo un exemplo do que pode acarrexar subir ó monte con demasiada "alegría" de coñecementos. Trátase dun fragmento do programa Andalucía Directo, de Canal Sur, no que o experto en "trufas" Felipe López Raya, coñecido como o ‘Marqués de la Malafollá’, nos regala con unha clase maxistral de recollida deste manxar no fermoso paraxe andaluz de Serra Nevada. Primeiro o vídeo, logo comentamos a xogada que non ten que envidiar a ningunha das de Messi... Óllo á trufa branca!



¿Alguén veu algo raro? "¿Por qué se llama blanca si no es blanca?", di o sagaz reporteiro, que parece que sí. "¡Esto parece una castaña!" Esperade que me seque un pouquiño as lágrimas, que así non podo seguir escribindo... Ufff, xa. Agora, facede click AQUÍ para botar un ollo ó aspecto dunha trufa branca (Tuber magnatum) de verdade, por dentro e por fora. ¿Listo?

¿Quén non pagaría cincuenta machacantes por comerse un "delicioso" peido de lobo confitado? Claro está o feito de que ata Stevie Wonder se decataría que o que o noso amigo recolecta, cociña e vende, está moi lonxe de asemellarse sequera a unha trufa, e menos branca. O motivo, claro, é que NON é unha trufa. Se trata sen dúbida de dous exemplares inmaduros de algún gasteral, moi probablemente do xénero Astraeus (con bastantes papeletas, un hygrometricus, aínda que habería que velo completamente maduro). A capa exterior, o exoperidio, duro e de aspecto de coiro é típico deste xénero (de ahí o aspecto de castaña). Ó cortalo, deixa ó descuberto o endoperidio, branquecino cando novo, que é a capa interior deste cogomelo que garda as espóras (que cómo podemos ver cando o corta ademáis, xa están bastante maduras). Na didáctica imaxe de Cristovo, quen tamén nos comparte as súas sospeitas de que a "trufa" puidera tratarse de Myriostoma coliforme, arriba á esquerda, vese perfectamente o interior da "trufa" e as distintas capas, así como a masa das esporas. Pola nosa banda, aquí en Refungando, xa falamos deste fungo, botade un ollo.

Para ilustrar todavía máis o asunto, na fermosa imaxe que nos envía o amigo Costa, vemos tres exemplares de Astraeus en tres estadios de desenrolo: pechado á dereita en estado "trufil", maduro no centro e a medio abrir á esquerda.

En fin, amigos, unha proba máis de que hai que ter un extremo coidado en quen depositamos a nosa confianza cando de cogomelos se trata, e de que pulula polo mundo adiante MOITA xente que pensa que sabe de cogomelos e que realmente coñoce o mesmo dos nosos amigos que da física cuántica. Por oitro lado, tirón de orellas novamente ós medios de comunicación pola súa deficiente labor no traballo de documentación á hora de informar á xente nesto da micoloxía porque, amigo reporteiro, se unha trufa branca parece unha castaña, escribir en Google "trufa branca" e botar un ollo non costa un carallo. Anos de periodismo, ¿para isto?

¿Cánta xente despois de ver esta reportaxe non iría correndo a probar esta ambrosía? ¿Quitará o noso amigo ó cociñalo o correoso exoperidio ou haberá que roelo como sola de zapato? ¿Qué tal estará a fina textura da masa esporal na boca ó masticalo? Hmmm...

As respostas a todas estas preguntas, en Serra Nevada, por tan só 50 €. Mamma mía...

P.D.: Gracias a José Manuel Castro Marcote polo chivatazo e as risas, tan necesarias nestes tempos.

14 comentarios:

  1. A castaña e a que ten o bigotes, vaia crack, jajajajaja, vendendo peidos de lobo a 6000€/kg ,¿haberá quen llos compre?, haberia que enviarlle un mail ó programa ese, jajajaja.

    ResponderEliminar
  2. Non te perdas que, en internet, ten a vender 5kg de "trufas de lobo". Algún ha de caer.

    A min gustaríame escoitar a experiencia dunha das súas víctim... clientes. Que nos fale das súas impresións mentres roia "trufa".

    ResponderEliminar
  3. JAJAJAJJ que bueno !!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Estou dacordo co do email, pero tamén lle habría que regalar unha guía ó noso amigo trufeiro. Está nas nosas mans iluminar a este elemento. E iso que leva sombreiro, co cal non son síntomas dunha insolación. JA,JA,JA, e que, como di miña avoa, neste mundo ten que haber de todo.

    ResponderEliminar
  5. Descartada entón a insolación, Patricia, só queda unha explicación: a culpa é do can, que era o encargado de ollear os manuáis e guías e o que ó fin e o cabo lle sinala as "trufas" a Felipe, que non ten culpa de nada.

    En todo caso aquí en San Roque hai Tuber serranevadensis tamén, poderiamos facer negocio ca Asociación...

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que debiamos aprender de noso amigo e facer negocio, que peidos de lobo hai moitos poraí!!!

    ResponderEliminar
  7. Deixádesme coa boca aberta...

    ResponderEliminar
  8. Hola María! Iso é que quedastes con janas de probar a delicatessen...

    ResponderEliminar
  9. Mirade, mirade, que pedazo de cantarelos collín onte, vou ir a de Penín a ver si mos compra a 30€/kg, quítanmos das mans, ajjajaj
    http://fourlangwebprogram.com/fourlang/afbeeldingen/Cantharellus_aurantiacus.jpg

    ResponderEliminar
  10. Pois non te creas que era mal negocio, non. Cada ano aparecen dous ou tres que o confunden e se pegan os seus bos atracóns. Menos mal que só teñen un efecto "All-Bran"...

    ResponderEliminar
  11. Caramba, O Funguiño, escepticismo micolóxico. Sempre ven ben quen saiba de setas para estar ó tanto. Atopei este ilustrador enlace que demostra que sempre se soubo un pouco:

    http://www.valdeorras.com/micologia/refrans.htm

    ResponderEliminar
  12. E falando do precio, a tuber magnatium, alcanzou nuhna subasta en Londres, por mor dunha misteriosa muller, 64.000 libras esterlinas, por unha trufa branca de 1,2 kilos.

    Nótese que un euro son 0,86265 libras, no día 26/05/2011 ás 23:55, uns 74190 eurípidos.

    O que non sei é cando foi a subasta.

    http://fichas.infojardin.com/hortalizas-verduras/trufas-trufa-negra-perigord-trufa-blanca-tartufo-blanco.htm

    ResponderEliminar
  13. Hola Xerocomus badius
    Es una de las páginas que cerré hace tiempo y aun se puede ver en parte, aqui.
    http://www.valdeorras.com/micologia/

    ResponderEliminar
  14. "Choupín, choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro".

    E o que eu lle preguntaría ó manxar de césares que amosas na foto, crisrl, seguro que anda preto.

    Pasei un bo rato lendo os refráns e ditos da comarca de Valdeorras. Noraboa pola páxina, aínda que chegue tarde a felicitación.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails