Cogomelos na túa casa!

Tiñamos unha conta pendente dende o artigo de "Cogomelos no teu xardín", no que xa vos adiantabamos que habíamos de falar da nosa experiencia cos sacos productores de cogomelos, neste caso, de Pleurotus Ostreatus, o archicoñecido cogomelo das bandexas do super. Estes sacos permítennos cultivar na nosa propia casa e sen demasiado esforzo varias especies de cogomelos comestibles, entre elas algunhas moi interesantes do xénero Pleurotus (como Ostreatus, Eryngii, Djamor ou Citrinopileatus).
Á dereita tedes o saco productor ós catro días de recibilo, mentres o deixamos incubar un tempo para que o micelio se estenda polo sustrato. O saco, cuns buratiños para que respire o fungo, non contén máis que un montón de palla e oitros restos vexetais compactados e humedecidos e nos que o micelio de Pleurotus Ostreatus xa se esta desenrolando antes de chegar á nosa casa. Podedes observar na imaxe como o micelio do fungo, esas finas hifas, tingue de blanco o saco en moi pouco tempo. O noso amiguiño xa está medrando...

Teremos o saco así entre dez e vinte días, sen nengún coidado especial mais que o mantelo nun lugar quentiño (ó redor dos 20º, algo complicado en inverno sen botar man de calefaccións), sen grandes variacións de luz ou temperatura que poidan estresar ó noso invitado, e limpo. Esta é a clave do éxito ou non do noso saco, máis que os nosos coidados que han der ser mínimos; a estabilidade das condicións nas que o manteñamos. O tema da limpeza tampouco é para tomar a broma como puiden comprobar. O lugar escollido para pasar eses primeiros días foi un faiado, lugar óptimo para o desenrolo doutro fungo coñecidísimo por todos que é o mofo. A pesares de que o micelio medraba día a día con rapidez, pola cara do saco que daba á parede (o que fixo que tardara un poco máis da conta en detectalo) comezou a medrar este fungo ata case ocupar ó final o 40% da superficie do saco. Solución: coitelo desinfectado con alcohol e proceder a raspar toda a zona "infectada" procurando non deixar nin un só resto. O resultado foi unha gran pérdida de superficie do saco (na que logo recuperaría un pouco o fungo) pero conseguimos salvar a nosa producción. Así que, ollo dónde deixades o saco!

Preme en no seguinte enlace para seguir lendo o artigo:


Despois de estes primeiros días chega a hora de trasladar o noso saco productor a un lugar aireado e luminoso (pero que a luz directa do sol non incida directamente no saco, isto non volo vai a agradecer o micelio). Ós poucos días se todo vai ben comezaredes a apreciar en diversos puntos uns pequenos abultamentos, os primordios, os embrións dos futuros cogomelos. A partir de aquí comeza a "vida" dos cogomelos e poderedes disfrutar dun importante beneficio do cultivo na casa (aparte do obvio gastronómico): disfrutar in situ de todo o proceso de fructificación dos cogomelos co espectáculo que iso conleva. Sabemos que os cogomelos medran rápido, pero observalo na túa casa é algo que non ten precio. Ó largo do día os cogomelos medran ante nós de maneira visible e apreciable: o cogomelo ou primordio que deixemos pola mañá ó levantarnos non terá nada que ver co que deixemos á noitiña ese mesmo día; o crecemento é sorprendentemente rápido. Na primeira imaxe podedes ver un destes primordios; na da dereita podedes ver algúns primordios xa máis desenrolados, cun aspecto coralino, no que xa podemos chegar a atisbar os futuros cogomelos.

En menos de 24 horas os sombreiros do cogomelo comezan a formarse, oscurecéndose os extremos das protuberancias dos primordios; comezamos a distinguir os primeiros cogomelos tomando forma. Nesta fase procuraremos que o saco manteña sempre a humidade, ben cun pulverizador, ou sumerxindo directamente o saco en auga morna; debemos manter a humidade no sustrato.
Pouco a pouco e en varios puntos do noso saco á vez, iremos observando coma se van formando os primeiros racimos de cogomelos e como cas horas, non deixan de medrar. A producción dun destes sacos é bastante abundante, dependendo tamén do tamano do mesmo pero con un de 8 kg como o que nos empregamos, vaivos custar dar abasto cos cogomelos.

Fixádevos a cantidade de cogomelos na imaxe da dereita; claro que non todos eles se desenrolarán de todo, pero o racimo promete...

Un detalle: nalgunhas fotografías veredes que o saco está roto, iso é debido á "operación" de limpeza de mofo da que falamos. Cando comezan a sair os primordios deberemos facer uns buratos no saco de plástico do tamano dunha moeda de 50 céntimos, mais ou menos, para que os cogomelos poidan medrar; no noso caso a veces non foi necesario pois parte do contido do saco xa estaba ó aire.

Podedes esperar ter se todo vai ben unhas catro colleitas aproximadamente, cun descanso para o fungo duns 10 días entre cada unha de elas. Culinariamente falando, ainda que só sea pola frescura (do saco á tixola), no ten comparación co Pleurotus mercado no supermercado (de feito houbo xente á que lle levei uns cantos e non souberon de que cogomelo se trataba; estabo moi bo, eso sí). Abaixo podedes observar imaxes de diversas fructificacións de cogomelos en diversos estadios; a última de elas case a punto de recollida, que recomendan que se faga antes de que o cogomelo estenda o seu sombreiro e espore.












Claro que algunha das colleitas deixámola chegar ata o final, simplemente por ver os cogomelos medrar adultos, algo que vos recomendo non só por observar a Ostreatus en todas as súas fases de crecemento, se non porque con un pouco de sorte poderedes contemplar un fenómeno fermoso e curioso a partes iguais: os cogomelos esporando. E cuestión de estar no momento xusto diante do saco. Se recordades o último video que subimos aparecían Pleurotus Djamor (as de color rosa) esporando ó final do video; puxémolo adrede para que souberades do que falábamos. Pois ese fermoso espectáculo, cunha nebliña fumarenta rodeando os cogomelos, as esporas flotando nesas correntes de aire imperceptibles para nós, tiven a ocasión de contemplalo na casa ("Ouuuu yeah!", que diría Duffman). Un fermosísimo espectáculo, de veras. Aquela mañá pasín a botarlle un ollo ós cogomelos e humedecelos un pocuco; os primeiros raios do sol entraban pola ventá e henchían de luz a habitación, facendo as esporas moito mais visibles. Hei de recoñecer que tardín uns segundos en darme conta do que pasaba: no primeiro momento creín que se me queimaba algo no piso! Logo caín da proverbial burra, e me sentei a carón dos cogomelos, em primeira fila, rodeado por aquela nube espesa de esporas que flotaba na habitación emanando do saco. Este momento, moi difícil de poder apreciar na propia natureza compensaba con creces a compra do saco (sen menospreciar por suposto, o bos que estaban os amigos Ostreatus).

Por último déixovos outro par de imaxes cos cogomelos máis crecidiños e para que vos fagades unha idea da producción do saco (tede en conta a pérdida de superficie nunha cara da que falamos). Se vos animades, non deixedes de mandarnos as vosas fotos, a ver como vos vai a colleita; nós, de momento, xa nos estamos plantexando probar doutra vez con Pleurotus Citrinopileatus...

Un cogomélico saúdo a todos dende Refungando!


5 comentarios:

  1. ¿Onde se pode mercar un saquiño de eses :) ?

    ResponderEliminar
  2. Hola! En internet podes atopar cantidade de sitios e variedades para cultivar con só poñer en Google "sacos productores setas". Aquí en Galicia temos unha empresa na que directamente podes facer o pedido por internet e cho mandan a casa. Fácil, cómodo e rápido. Ahí te deixo o enlace:

    http://www.hifasdaterra.com/test/productos.php?Idfamilia=6

    Esperamos que nos contes que tal che foi!! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Gracias,en 15 dias pido un de ostreatus.

    ResponderEliminar
  4. Cal e a mellor maneira de conservación dos cogomelos se non van ser consumidos no mesmo dia da recolleita.Neveira,a escuras...
    Grazas

    ResponderEliminar
  5. Hola luis, perdoa a tardanza pero non vin o teu comentario antes! Este non é un tema fácil. A mellor maneira de consumir os cogomelos é frescos, non nos enganemos, e non foron diseñados para ir á neveira (teñen unha gran porcentaxe de auga entre 70% e 90%). O conxelador está ben para que o pulpo se mace, pero os cogomelos perden a textura.

    Esta pregunta túa da para un artigo, que te prometo que faremos (aind que non sei cando, tate atento!). Pero existen moitas maneiras de conservalos, cada unha adaptada millor a segundo que tipo de cogomelos. Por exemplo:

    Deshidratados: Cantharellus Lutescens, Marasmius Oreades

    Confitados: Boletus Edulis, Cantharellus Cibarius

    Pero xa afondaremos máis nesto, paréceche?

    Un saludo Luís!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails