V Xornadas Micolóxicas en Ribeira

Hola rapaces!! Ó fin está todo preparado. O 28 e 29 de Novembro levaranse a cabo as V Xornadas Micolóxicas de Riveira organizadas conxuntamente pola Asociación micolóxica Refungando e a Asociación Cultural Alto Falante. A unión fai a forza, amigos.

Así que tí, que viches caer as torres do World Trade Center coma palés de lirio... ¿vas a perder este acontecemento?

O groso das actividades será o sábado, cunha charla de Iniciación á Micoloxía ás 9:30 (home, hai que madrujar, pois claro, menos cachivaches ó corpo o viernes noite) no edificio do CIELGA do Vilar, donde ó rematar saliremos a dar unha volta nunha saída guiada para recoller e aprender a identificar algúns cogomelos. A charla correrá a cargo de Alejandro Mínguez, amigo periodista e autor do libro "Cogomelos Mediciñais". Ás 13:30 nos muiños de Amendo (na aldea do Vilar), celebraremos unha degustación de cogomelos logo da charla e saída. Despois dunha dura mañá de monte, ¿que mellor que enche-lo bandullo a gusto cal arbusto e nun marco incomparable como é este?

As 19:30 celebraremos outra charla, un pouco máis avanzada, "O Xénero Boletus". O poñente será Jaime Blanco Dios, un dos máis reputados micólogos da nosa terra e recente descubridor dunha nova especie de cogomelo na illa de Ons: Clytocibe Auniosiana. Se pasades a miúdo por aquí xa oistes falar de él. Últimamente anda ás voltas cun novo cogomelo riveirense, así que aver se nos conta algo... Unha charla ineludible para os que xa saben un pouquiño máis.

O domingo, para rematar, cos cogomelos rcollidos na xornada anterior montarase unha exposición de cogomelos no Ateneo Valle-Inclán na que poderán os visitantes consultar calquera dúbida cos membros de Refungando que estarán a xornada alí. Unha magnífica forma de achegarse ós cogomelos e aprender a distinguir algunhas especies: téndoas diante.

Bueno, imos seguir preparando o tema. Estades avisados así que... Refungando nos vemos o fin de semana que ven!

3 comentarios:

  1. A ver si o tempo nos da unha tregua,un fin de semana totalmente recomendable para todos,para os que empezan neste mundiño e para os que levan xa algo de tempo pateando monte,o luns 30 seguramente sepamos algo máis sobre natureza e micoloxía.

    Saudiños e vémonos o sábado.

    ResponderEliminar
  2. O tempo acompañou e alomenos nós o pasamos moi ben e aprendemos algo máis e iso que só estivemos a xornada da mañán.
    Gracias pola xornada tan boa que nos achegastedes.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. O tempo era a maior preocupación, pero aguantou de marabilla ata o medio día, cando xa estabamos nos muiños degustando (e degustando a gusto!). Graciñas a vos por acompañarnos, para o que queirades, xa sabedes por onde andamos... refungando, claro.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails