Ou polo menos como se o estiveran. Eses cogomelos que vedes na imaxe da esquerda non son reproduccións de cerámica ou plástico, son auténticos cogomelos conservados para a posteridade, nun proceso que ven a ser o equivalente da momificación aplicado ó Reino Fungui.
Fai xa algún tempo, dende que vira os resultados da plastinación en cadáveres humanos, unha técnica inventada polo polémico doutor alemán Gunther von Hagens, andaba a buscar algun proceso equivalente aplicable ós cogomelos. Se se podían conservar tecidos humanos dunha forma tan perfecta, debería haber algún sistema similar para aplicar ós cogomelos e conservalos sen perder nin cor, nin forma, e desta forma obter unha valiosa ferramenta didáctica e divulgativa, ou, porqué non, un regalo orixinal para ese amigo teu que é un friki dos cogomelos (ejem...). Pero a pesar de chegar incluso a contactar con algún taxidermista por si me podía guiar neste complicado tema, ata o día de hoxe o máis achegado que me había atopado eran reproduccións, bastante ben feitas, iso si, en diversos mateirais e pintadas a man.
O caso é que a empresa zaragozana Brezo Setas deu con ese proceso, así que dende Refungando, rápidamente nos puxemos en contacto con eles para que nos contaran algunhas cousas. Para matar o gusanillo da curiosidade que lle din. Así que...
¿Cómo se consegue?
Bueno, como cas momias, todo se basa na deshidratación completa do individuo, a cuestión é o como: os amigos de Brezo Setas empregan un complicado proceso que básicamente extrae todo o líquido presente no cogomelo por sublimación, isto é, o cogomelo se conxela, e a auga presente pasa de estado sólido a gaseoso saltándose o estado líquido nunha cámara especial. Este proceso chámase liofilización. Os resultados son sorprendentes como podedes ver, ainda que en Brezo Setas están a traballar na mellora do proceso, xa que este funciona millor con unhas especies que con outras, e algunhas chegan a perder un pouco da súa cor orixinal.
¿Cómo se poden adquirir?
Só tedes que escribir ó correo electrónico da súa páxina e escoller o voso exemplar. Podedes pagar contrareembolso ou xiro postal. Nos comentan dende Brezo Setas que o catálogo é moito máis amplo do que se ve na páxina e que o irán actualizando pouco a pouco. Se estades interesados nalgunha especie en concreto, só tedes que consultar dispoñibilidade.
¿Podemos enviar os nosos propios cogomelos a momificar?
Yes, we can. Se podedes facerlle chegar os cogomelos ós amigos de Brezo Setas, eles poden liofilizalas. Eso sí, nos aconsellan que enviemos o cogomelo xa conxelado, non fai falla que vos diga como pode chegar se o enviamos por unha empresa de mensaxería nuha caixa e fresco.
¿Quén non se atopou algunha vez un cogomelo de inusitada beleza, ou algunha exemplar excepcionalmente grande ou incluso con algunha curiosa aberración? Pois agora as fotografías xa non teñen porque ser únicas testemuñas.
Aquí vos imos a deixar un enlace ó catálogo web da empresa, no que vos recordamos que non está todo o que hai: Catálogo Brezo Setas
Nós imos a pedirnos algún, por suposto, e xa vos contaremos, coma sempre de primeira man, en Refungando que é xerundio!
P.D.: Lle enviamos un saúdo dende Galicia a Luis, de Brezo Setas, pola súa amabilidade ó atendernos. Graciñas!
Cogomelos detidos no tempo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Que interesante, ya me contarás por la novena si vais a hacer pedido conjunto. Un saludo, Tito Esmuki. Envia carallo.
ResponderEliminarImos, imos, vai botando un ollo! E mándanos unha mensaxe á dirección de Refungando.
ResponderEliminarUn saúdo ñu.
Interesantisimo
ResponderEliminar