Eureka! Calocybe Gambosa en Ribeira!

Sinónimo: Tricholoma georgii
Galego: Tullo

Castelán: Seta de San Jorge, Mucerón, Panadera
Vasco: Perretxicos

Era cuestión de tempo. Despois de varios anos de busca infructuosa por estos lares ó fin Calocybe gambosa apareceu en Ribeira este ano. Foi da man de un dos socios que atopou na súa propiedade uns curiosos cogomelos crecendo abundantes en forma de círculo. O socio e amigo achegóuseme unha noite e amosoume o contido dun pano de papel. ¿Que era aquilo? ¿Un anaco do santo sudario? Millor ainda. Perretxicos! Certo é que estaban un pouco pasados e esmagados, pero o fariñento aroma e a súa carne compacta e quebradiza eran inconfundibles. Tocaba expedición: ó día seguinte, baixo un sol que esmagaba, iriamos ó lugar do crime para sacar as fotos que ilustran esta entrada. 


Estamos pois ante un dos cogomelos máis apreciados e buscados polos micófagos da península (en Francia, por exemplo, non é considerado nin moito menos un manxar, senón unha do montón), que chega a alcanzar prezos no mercado moi elevados (rondando os 100 €/kilo a comenzo da tempada, cando ainda non abonda, baixando arredor da metade máis adiante), tanto pola calidade da súa carne e sabor, como pola pouca presencia de cogomelos comestibles na súa época de aparición, a primavera.


Así que, a Fran, que atopou o que moitos antes buscamos, vai dedicado o artigo de tan saboroso manxar (aviso a Fran: xa podes ir poñendo cristais rotos con cemento nos muros da finca e deixando ó can sen comer e solto!). En fin, imos coñecer máis a fondo este apreciado cogomelo, ¿parécevos? Pincha abaixo en leer máis... 



DESCRIPCIÓN (lembrade que podedes ver un modelo 3D deste cogomelo dende AQUÍ!!)

Sombreiro: 3-18 cm de diámetro. Ó principio hemisférico, máis tarde convexo e por último plano convexo. Cutícula separable, lisa, seca, mate e e suave. De cor variable, sendo a branca, branca cremosa, ocrácea ou crema ocrácea na forma típica, ainda que pode aparecer bastante escura, rosa ou lila nas variantes graveolens, gambosum e palumbinum, repectivamente. Marxe incurvada, delgada, flexuosa (ondulada) e algo excedente.

Lamelas: Escotadas, moi apertadas, sinuadas, estreitas e delgadas. Abrancazadas e na madurez branco crema.

Pé: 3-10 x 1-3 cm. Abrancazado ou da mesama cor que o sombreiro. Cilíndrico, robusto cheo, curvado, fibroso e coa base apuntada.

Carne: Compacta e firme, pero doadamenre dismiuzable, abundante e abrancazada. Olor e sabor moi agradables a fariña fresca.

Hábitat: Sobre solo calcarios de prados, pasteiros, claros de bosques e breixos. A finais do inverno e primavera, excepcionalmente en outono. En grandes círculos ou ringleiras. Pouco común pero abundante onde aparece. Na imaxe da dereita (click para agrandar) podedes ver o círculo que describían estos cogomelos, duns 2,5- 3 m. Sinalamos con frechas algún dos cogomelos polo difícil de observar na imaxe con claridade o "debuxo" ó estar o chan tan cheo de restos vexetais e pequenas prantas.

Observacións: Excelente comestible, moi buscado e colleitado. Ten unha textura única. Fáise difícil escoller nese aspecto entre a carne de Boletus Aereus ou de Calocybe Gambosa; son dous pata negra. Como sempre á hora de falar da comestibilidade dos cogomelos, cuestión de gustos.



A confusión máis perigosa, e bastante común, con este fungo dase con Entoloma lividum (sin. Entoloma sinuatum), responsable de moitas intoxicacións no noso país. O aroma, forma e consistencia da carne son moi similares ós de Calocybe gambosa, así que moito ollo. Entoloma lividum sin embargo é amigo de outono (ainda que pode aparecer tamén na primavera!), ten as lamelas de cor salmón na madurez e o sombreiro de tons grises, ainda que pode aparecer tamén con tons amarelados condo é nova moi parecidos a Calocybe gambosa. O hábitat, baixo frondosas, e a cor das esporas pardo rosada, fronte a branca de Calocybe deberían axudarnos a eliminar calqueira dúbida.

En resumo, un comestible excelente, cor branco-crema, marxe excedente, carne branca e compacta, fácil de dismiuzar, olor a fariña fresca, moi raro na nosa zona, de seguro pola súa preferencia por terreos calcáreos e todo un debuxante deses estranos círculos dos que falaremos en breve que son os "corros de bruxas". ¿Serás ti un dos que ten perretxicos na horta e non se enterou aínda? Alma de Dios...

2 comentarios:

  1. Noraboa!!!
    E xa sabedes a espallar as esporas!!!

    ResponderEliminar
  2. Como dixo un ex-presidente noso: "Estamos trabajandou en ellou!!"

    Graciñas.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails