Unha de gominolas!: Lycogala epidendrum

¿Recordades os mixomicetos? Eses curiosos seres de corpo mucilaxinoso que se desplazan polas superficies de madeiras en descomposición alimentándose do que atopan no seu camiño, fagocitando con parsimonia, que hai un tempo se consideraban fungos e que agora buscan un reino no que refuxiarse. Dende sempre foron obxeto de estudio de micólogos, e hoxe en día, estes parias da natureza, que non se parecen a ningún oitro ser vivo, seguen acompañándonos nas nosas saídas ó monte. A especie que imos coñecer neste artigo, e cuias fructificacións podedes ver na imaxe da vosa esquerda (click para ampliar) chámase Lycogala epidendrum, e é moi frecuente atoparse con él habitando todo tipo de madeiras (con preferencia polos piñeiros) formando fermosos conglomerados de "canicas" de diversas cores.

Vexamos a descripción de este curioso ente das fragas...

DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero: 5-12 mm de diámetro. Forma globosa, branda e coa superficie granulosa. De cor vermella rosa ou vermella alaranxada ao principio e parda ao madurar. O interior está conctituído por unha masa pastosa vermella alaranxada de novo (na imaxe en detalle da esquerda podedes ver como rezuma esta pasta), que se converte nun po esporal compacto de cor parda agrisada ó madurar. De feito esta característica válelle o nome nos país anglosaxóns de limo de pasta de dentes (slime toothpaste) ou limo de leite de lobo (wolf´s milk slime).

Hábitat: Crece sobre madeira descomposta de coníferas (as imaxes foron tomadas nun tocón de piñeiro), máis rara sobre frondosas. Forma colonias de poucos individuos (aínda que de forma extraordinaria se presenta en copioso número, como nas imaxes). Primavera e outono. Frecuente, fácil de atoparse con ela na nosa zona se un se fixa un pouco en tocóns e madeiras podres varias.

Observacións: Lycogala epidendrun, como xa vos haberedes imaxinado a pesar do seu aspecto de gominola, non ten ningún valor culinario, e o seu aspecto e características fan que sexa moi difícil confundilo con oitra especie, aínda que o estado no que o atopemos nos pode facer dubidar un pouco xa que a súa coloración e moi variable dependendo do avanzado do estado de desenrolo. Nestas imaxes podemos observar como unha primeira fructificación (as esferas grises, ainda non maduras de todo) se superpón con oitra máis recente dunha cor laranxa viva, pero non sempre atoparemos cores e formas tan claras.

Bueno compañeiros, teño que deixarvos por hoxe que aínda queda horiña e media de luz, e vamos a aproveitala para ver que nos depara o monte. Sempre hai algo que ver, algo que disfrutar, unha sopresa fúnxica agardando por nós nalgún sitio... E lembrade refungar polo menos unha vez ó mes, que alivia a hipertensión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails